Matas entra no cárcere… coma se nada

 

Matas ingresa en prisión

             Luns 28 de xullo. Jaume Matas, que foi Ministro con Aznar varios anos, presidente das Baleares en dúas etapas, e líder do PP nas illas desde 1996 ata 2007, entra no cárcere para cumprir unha condena de 9 meses por corrupción, por tráfico de influencias.

             Matas é o político do PP de maior rango institucional que entra en prisión.

             Xunto ao ex-presidente socialista de Navarra, Gabriel Urralburu, é ata agora o único máximo responsable autonómico encarcerado. Só outro socialista, José Barrionuevo, precede a Matas como único ex-ministro preso en España durante a actual etapa democrática, no seu caso por participar na chamada “guerra sucia” contra ETA.

Seguir lendo

A saco con Felipe González, pero nada de Matas

   

Xoves 10 de abril. O Telexornal mediodía destaca unha noticia publicada por “El Mundo” de que a empresa tecnolóxica Indra blindou ao fillo de Felipe González coa cantidade de 375.000 euros.

Seguir lendo

Segunda condena de Matas, segundo silencio da TVG

Copia de matas

12 de decembro. A Audiencia Provincial de Baleares condenou o expresidente do Govern Jaume Matas por un delito de suborno, a unha multa total de 9.000 euros e ao comiso dos 42.111 euros que recibiu como regalo a través da contratación ficticia da súa muller por parte dun coñecido hoteleiro mallorquino.

Seguir lendo

Sen reaccións á petición de indulto de Jaume Matas

jauma

Os telexornais do 11 de decembro non recolleron as reaccións políticas suscitadas pola petición de indulto do ex presidente balear e ex ministro do PP,  Jaume Matas para non entrar en prisión. O político acumula dúas condenas polo caso Palma Arena e ten pendentes numerosos procesos xudiciais.

Seguir lendo