Os problemas xudiciais de Conde Roa interesan pouco

roa buena

Como xa é costume, o Telexornal Mediodía da TVG tampouco deu moita importancia o 7 de xuño ó caso Conde Roa, o ex alcalde de Santiago polo PP que tivo que dimitir tras ser imputado por delito fiscal.

Todo os xornais destacan a noticia de que a fiscalía pide para él dous anos e meido de cadea, multa e inhabilitación para exercer cargos públicos.

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/fiscalia-pide-2-anos-medio-prision-conde-roa-fraude-fiscal/idEdicion-2013-06-07/idNoticia-810654/

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/07/espana/1370603100.html

http://kiosko.net/es/np/vozgalicia.html

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/06/07/fiscalia-pide-2-anos-medio-prision-conde-roa-fraude-fiscal/824842.html

TVG da unha breve información no seu telexornal de mediodia, o de mais audiencia, na que nin sequera di a contía supostamente defraudada polo ex alcalde compostelano. E encargase de deixar ben claro que non era rexedor de Compostela cando supostamente defraudou. O que non di e que xa fora candidato, destacado dirixente do Partido Popular e deputado polo PP.

http://www.crtvg.es/informativos/a-fiscalia-pide-para-conde-roa-dous-anos-e-medio-de-cadea-e-un-millon-douscentos-mil-euros-603058

Versión diferente do que dixo Soria sobre subir o IVE

soria minisRAJOY IVA

 

6 de xuño. As webs de practicamente tódolos xornais españois falaban a media mañá de que o ministro José Manuel Soria desdecía o que o día antes afirmara o presidente do Goberno :  non se vai tocar o IVE  España de momento, malia recomendación europea.

http://www.abc.es/economia/20130606/abci-soria-ministro-201306061042.html

http://www.expansion.com/2013/06/06/economia/1370507005.html

http://www.publico.es/dinero/456713/soria-admite-que-el-gobierno-tocara-el-iva-de-algunos-productos

 

Sen embargo, o Telexornal Mediodía da TVG, o de maior audiencia, ven a decir que Soria ratifica a Rajoy.  Segundo o Telexornal,  Soria di que os IVE actuais vixentes en España seguirán no 4, o 10 e o 21%. 

http://www.crtvg.es/informativos/europa-suxire-pasar-alguns-produtos-do-ive-reducido-ao-superreducido-602028

As imposicións de Bruxelas, peneiradas

índice

A noticia do 29 de maio sobre os novos sacrificios que Bruxelas esixe a España deuse unha vez máis baixo o particular prisma dos editores do Telexornal Serán. Non só relegan o asunto ata o posto número 15 (ainda que a deron de segunda en titulares) senon que comezan a información coa resposta de Rajoy,  que di que non quere subir o IVE.
Asi se deu no TXSerán.
E así saiu portadas dos principais  xornais españois e galegos.