Nin rastro do drama dos desafiuzamentos

              O venres 13 coñécese o informe do Consello xeral do Poder xudicial (CXPX) sobre os efectos da crise económica, que destaca o aumento dos desafiuzamentos en España durante 2014. A cifra total foi de 68.091, un 1’3 % máis dos rexistrados en 2013.

               O maior avance producíuse nos desafiuzamentos por impago de hipotecas, que medraron case o 12 % con respecto ao ano anterior.

               Galicia foi unha das comunidades con peor comportamento, ao aumentar os desafiuzamentos un 4’78 %, ata un total de 2.519 en 2014.

                A noticia ten unha ampla repercusión na meirande parte dos medios de comunicación. Velahí algúns exemplos:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2015/03/14/galicia-practican-210-desahucios-mes/0003_201503G14P36993.htm

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2015/03/13/desahucios-inmuebles-suben-4-2014/936696.html

http://cadenaser.com/ser/2015/03/13/economia/1426246339_323194.html

http://www.elidealgallego.com/articulo/economia/desahucios-aumentaron-galicia-casi-5-ano-pasado/20150313233223233268.html

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/sube-numero-desahucios-inmuebles-galicia-cada-tres-ejecucion-hipotecaria/idEdicion-2015-03-13/idNoticia-920986/

http://www.abc.es/economia/20150313/abci-desahucios-cgpj-datos-201503131109.html

http://www.radiointereconomia.com/2015/03/13/la-pah-culpa-a-pp-y-psoe-de-los-500-000-desahucios-que-ha-habido-desde-2008/

http://www.20minutos.es/noticia/2403735/0/desahucios-crecen-2014/1-3-frente-2013/informe-cgpj/

                Dicimos o da meirande parte dos medios de comunicación, porque desgrazadamente a TVG ignora isa información, facendo o conseguinte ridículo. Seguramente porque a consigna dos Telexornais é dar sempre noticias en positivo… “optimizar” todo para favorecer ao PP e a súa xestión. E claro, este dato tan negativo dos desafiuzamentos – sobre todo en Galicia – é moi malo e hai que ocultalo. Xa saben como as gastan @s responsables de informativos da TVG…

                Como dubidar da catadura moral desta xente, que nin sequera o pasado mércores fixo alusión á traxedia que supoñen os suicidios en Galicia por mor da crise económica, segundo indica un estudo de profesionais da psicoloxía e doutros ámbitos na nosa comunidade:

                E hai algo máis dunha semana, a TVG tampouco deu absolutamente nada do veto do PP no Parlamento a unha solicitude do BNG, apoiada por PS de G-PSOE e AGE, para que se paralicen os desafiuzamentos en Galicia:
                  Outra vergoña máis. Manipular – neste caso ocultando – a dramática situación de milleiros de familias que deben abandonar o seu fogar, é unha infamia que reflicte ata que punto @s responsables da TVG están dispost@s a todo con tal de colaborar co goberno do PP. O de menos para el@s é informar. O máis importante é manter os seus privilexios e prebendas, aínda que perdan a dignidade. Claro que, quen non a ten, non a pode perder…

O aumento dos desafiuzamentos non interesa

                       O venres 12 de decembro, o Consello xeral do Poder xudicial presenta o informe sobre os efectos da crise económica durante o terceiro trimestre do ano, de xullo a setembro, destacando que en España se levaron a cabo case 13.500 desafiuzamentos, un 7’3 % máis que no mesmo período do ano anterior, en 2013.

                A análise do CXPX divúlgase menos de 24 horas despois de que o presidente do goberno, Mariano Rajoy, declarase que “a crise económica é xa historia” (sic).

Seguir lendo

Os dez artigos máis lidos desde o comezo de “eunonmanipulo”

 

            Ao se cumpriren catorce meses da aparición deste blog, onte mércores 4 de xuño, publicamos a relación dos dez artigos máis lidos nos últimos trinta días, e hoxe xoves é o turno para lembrar os dez artigos máis lidos desde o comezo das denuncias de “eunonmanipulo”.

             Tal e como indicamos reiteradamente, o desexo da xente que elabora o blog é conseguir que a TVG sexa un servizo público de verdadeira calidade, e cumpra cos obxectivos – marcados ademáis pola lei – de pluralidade, veracidade e limpeza informativas.

              Velaiquí eses dez artigos, de menos a máis vistos durante catorce meses:

 

10 – (16 de xuño de 2013):  https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/06/16/ninguneando-o-logro-historico-do-dominio-gal/ 594 visitas

9 – (25 de maio de 2013):  https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/05/22/salvemos-galicia-na-tvg-non/ 621 visitas

8 – (16 de marzo de 2014): https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/03/16/lena-ao-bng-cara-as-eleccions-europeas/ 683 visitas

7 – (8 de xuño de 2013): https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/06/08/escandalo-e-vergona-no-tx-seran-con-conde-roa/ 959 visitas

6 – (10 de maio de 2013): https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/05/10/unha-traduccion-perfecta-ao-castelan/ 965 visitas

5 – (12 de agosto de 2013): https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/08/12/duro-comunicado-dos-bombeiros-que-non-se-emite/ 1103 visitas

4 – (14 de xuño de 2013): https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/06/14/en-defensa-da-crtvg-ante-os-ataques-desleais-de-la-voz/ 1339 visitas

3 – (13 de marzo de 2014): https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/03/13/a-manipulacion-dos-disturbios-en-santiago/ 1591 visitas

2 – (11 de febreiro de 2014): https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/02/11/orgullo-e-tristura/ 2352 visitas

1 – (29 de xullo de 2013): https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/07/29/as-imaxes-que-nunca-deberon-emitirse-orde-da-direccion-de-informativos/ 5643 visitas

 

                    Ogallá desaparecese este blog. Sería o mellor sinal de que os informativos da TVG son imparciais e de calidade. Mentres tantro, agradecemos o seguimento.

                     Se queren facernos algún comentario e/ou suxerencia (positivos ou negativos, claro está), poden dirixirse ao seguinte enderezo electrónico: eunonmanipulo@gmail.com

                      E tamén nos poden seguir nas redes sociais Facebook e Twitter.

 

 

Os artigos máis lidos do mes

 

                 Cando se cumpren catorce meses de existencia de “eunonmanipulo”, reiteramos unha vez máis o compromiso deste blog co servizo público da Televisión de Galicia; a nosa denuncia pretende conseguir que se emitan uns informativos imparciais, veraces e honestos, para así gañar o respeto e a credibilidade da cidadanía. Xamáis fumos nin iremos contra a existencia da propia TVG, que consideramos esencial para este país.

 

                  Estamos a piques de chegar ás 150.000 visitas, e desde este mes, ademáis de publicar a lista dos dez artigos máis lidos desde o comezo de “eunonmanipulo”, faremos tamén un pequeno informe dos dez artigos máis seguidos nos últimos trinta días.

 

                  Esta é a relación dos máis lidos desde hai un mes:

 

10.- https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/05/07/os-actos-de-ana-miranda-e-o-bng-non-existen/ (7 de maio)

 

9.- https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/05/03/a-propaganda-electoral-disfrazase-de-informacion/ (3 de maio)

 

8.- https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/06/03/so-uns-segundos-para-unha-sentenza-sen-precedentes/ (3 de xuño)

 

7.- https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/05/06/e-os-insultos-do-voceiro-do-goberno-corunes-do-pp/ (6 de maio)

 

6.- https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/05/08/penoso-tratamento-sobre-o-xuizo-a-medio-goberno-do-pp-en-santiago/ (8 de maio)

 

5.- https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/05/22/paula-prado-vs-gomez-besteiro-como-non-imos-pensar-mal/ (22 de maio)

 

4.- https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/05/20/o-servil-perfil-informativo-do-enorme-erro-politico-de-santiago/ (20 de maio)

 

3.- https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/01/18/acoso-e-derrubamento-aos-socialistas/ (18 de xaneiro)

 

2.- https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/05/28/onde-esta-podemos-galicia/ (28 de maio)

 

1.- https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/05/21/a-desvergona-de-ocultar-ao-bng-no-telexornal-mediodia/ (21 de maio)

 

             Grazas a tod@s polo seguimento, pero o que máis desexamos é que este blog non exista. Sería o mellor sinal de que as cousas comezan a facerse ben nos informativos da TVG.

             Se calquera de vos quere deixar algún comentario e/ou suxerencia, pode facelo no enderezo electrónico: eunonmanipulo@gmail.com.

             E Tamén estamos en twitter e en facebook.

 

 

 

E o cru informe do ocorrido cos inmigrantes en Ceuta ??

    

         O venres 14 de marzo coñécense os informes médicos do colectivo “Ca-minando fronteras” sobre o ocorrido a noite do seis de febreiro na praia do Tarajal en Ceuta, cando faleceron 15 persoas e outras tantas resultaron feridas ao tentar entrar a nado en España.

 
          O traballo foi realizado por varios especialistas, mediante entrevistas aos propios superviventes e aténdose aos partes médicos de lesións, e nas conclusións insisten en que a garda civil tirou a darlle (con pelotas de goma) aos inmigrantes que estaban na auga, e denegoulles o auxilio.

Ignorando a petición de AGE e BNG para crear unha comisión polo accidente do tren

      

               Logo de coñecerse un documento de hai ano e medio do xefe de maquinistas de Ourense que advertía das deficiencias de seguridade na curva de Angrois, os Telexornais da TVG informan da decisión xudicial de darlle a Renfe tres días para que clarexe as medidas adoptadas tras aquel informe.