Só a versión “oficial” do paro

índice

 

Como ven sendo xa unha practica habitual, a Televisión de Galicia obviou por completo as opinións das centrais sindicais sobre a baixada do paro en España e en Galicia. Por non emitir, nin se emitíu ningunha declaración de ningún representante político da oposición nin no Parlamento español nin tampouco no de Galicia.

 Os informativos da TVG emitiron unicamente as opinións dos representantes do goberno español e autonómico, e de ahí non pasou a cousa. Sin entrar en grandes detalles, os informativos da galega (o telexornal serán repetiu exactamente os mesmos videos que se fixeron para o Telexornal do mediodía) non fixeron tampouco mención ningunha a que case todos os novos contratos son temporais e do sector da hostalaría pola chegada do verán, algo que sí salientaron todos os medios.

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/sindicatos-avisan-contratacion-aumenta-debido-temporal/idEdicion-2013-06-04/idNoticia-810136/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/06/05/contratos-verano-maquillan-paro-plena-crisis/0003_201206G5P34991.htm

http://economia.elpais.com/economia/2013/06/04/actualidad/1370329043_021703.html

O desemprego de longa duración “non existe”

parados

 

O desemprego de longa duración medrou en Galicia un 45,7% nun ano e en España máis dun millón de parados xa levan 3 ou máis anos sen traballo.

 

Son datos feitos públicos o 22 de maio polo Instituto Nacional de Estatística (INE), relativos á submostra da enquisa de poboación activa, España pechou o 2012 con 1.047. 300 desempregados que traballaran por última vez tres ou máis anos antes.

 

Unha información que aparece nos medios:

 

http://www.abc.es/economia/20130522/abci-parados-larga-duracion-201305221157.html

 

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/22/economia/1369219478.html

 

http://economia.elpais.com/economia/2013/05/22/actualidad/1369214876_626136.html

 

http://www.publico.es/dinero/455815/uno-de-cada-cinco-parados-lleva-tres-o-mas-anos-sin-trabajar

 

http://www.farodevigo.es/economia/2013/05/22/paro-larga-duracion-disparo-48-2012/814922.html

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2013/05/23/millon-parados-llevan-3-anos-trabajo/0003_201305G23P31992.htm

 

 

Na Galega non.

“O SERGAS CURA O CANCRO, O INEM MATA DE FAME”

 sergas

Unha enferma de cancro iniciou o martes, 21 de maio unha folga de fame en Vigo co obxectivo de denunciar que “están modificando as leis e facéndoas moito máis duras para as persoas” que, como ela, están nunha “situación límite”.

 

Outros medios recollen as denuncias desta muller:

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/05/22/sergas-cura-cancer-inem-mata-hambre/00031369224341036361865.htm

 

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/05/22/enferma-cancer-inicia-huelga-hambre-vigo/814987.html

 

A Televisión de Galicia non se fai eco desta noticia.