21 de xaneiro. A historia do indulto a Garzón comeza o 16 de maio de 2012,cando aínda non existía Eunonmanipulo. A “Asociación de Magistrados Europeos por la Democracia y las Libertades”(MEDEL), unha organización sen ánimo de lucro con 28 anos de historia e da que forman parte “Jueces para la Democracia” y “Unión Progresista de Fiscales” solicitaba un indulto para Baltasar Garzón. Pedían que se obviaran por completo os efectos da pena de inhabilitación decididos para o xuíz dende a Sala II do Tribunal Supremo.