Medios públicos de e para todos

índie

 

O Parlamento Europeo aprobou un informe que propón controlar anualmente as leis nacionais sogre a prensa ademais de garantir a independencia dos xornalistas.

O informe solicita ademais que se asegure a independencia dos órganos de dirección dos medios de comunicación públicos mediante a elección dos seus cargos a partir de criterios de mérito e de experiencia e non politicos.

O documento pide tamén á Comisión que estudie os efectos da crise económica e a situacións de precariedade na profesión. O informe recibíu o apoio de 539 eurodeputados, 70 votaron en contra e houbo 78 abstencións”.