As opinións pro-abortistas, minimizadas nos informativos da Galega

 

femen

6 de febreiro. Unha enquisa de Sondaxe conclúe que sete de cada dez galegos rexeitan a reforma da Lei do aborto de Gallardón. A nova publicábaa La voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/02/06/siete-diez-gallegos-rechazan-nueva-ley-aborto/0003_201402G6P28994.htm

Seguir lendo

O fervor relixioso do Telexornal serán

1338173039_0

O luns 20 de maio, o Telexornal serán fixo case ao remate do informativo un despregamento de exaltación e fervor relixioso.

Déronse dúas novas de xeito consecutivo: a primeira delas foi para salientar que A VIRXE DO ROCÍO XA ESTÁ DE VOLTA NA SÚA ERMIDA TRAS UNHA PROCESIÓN DE SETE HORAS E MEDIA.

É sabido que en Galicia, a procesión da virxe do Rocío (Huelva), desperta un enorme interese…

http://www.crtvg.es/informativos/a-virxe-do-rocio-xa-esta-de-volta-na-sua-ermida-tras-unha-procesion-de-sete-horas-e-media-589640

11

Como non chegou con falar da virxe do Rocío, de seguido ofrécese outra información sobre a romería da Franqueira, na Cañiza, que seica congregou a centos de fieis (as imaxes contradín claramente ese dato…).

Non perdan, sobre todo, o último que di a presentadora comentando as imaxes: “COMO MANDA A TRADICIÓN SAUDÁRONSE FACENDO POR PARELLAS O RITUAL DA XENUFLEXIÓN”

http://www.crtvg.es/informativos/centos-fieis-asisten-a-romeria-da-franqueira-589639

A Semana Santa xa pasou, pero polo que se ve case diariamente no Telexornal serán, parece ser que dura todo o ano.

Un franciscano galego no Vaticano… coma se fose Xefe de Estado

bertone-santiago--644x362

Desde o venres 17 de maio, os espazos informativos da TVG danlle unha ESPECIAL RELEVANCIA A UN FEITO RELIXIOSO: a consagración dun franciscano galego, Xosé Rodríguez Carballo, como Arzebispo de Belcastro (Italia), unha poboación ao sur de Italia duns 1.400 habitantes, e como “viceministro” no Vaticano.

Os actos desenvólvense na Catedral de Santiago, o sábado, e a TVG ofrece UNHA AMPLÍSIMA COBERTURA con reportaxes e entrevistas, xa desde o venres no Telexornal serán:

http://www.crtvg.es/informativos/o-secretario-de-estado-do-vaticano-viaxou-a-santiago-para-a-ordenacion-episcopal-de-frei-xose-rodriguez-carballo-588510

O Telexornal mediodía do sábado ofrece dous videos sobre o asunto (o segundo de máis de tres minutos… algo excepcional nos Informativos):

http://www.crtvg.es/informativos/asi-e-a-historia-de-rodriguez-carballo-588704

http://www.crtvg.es/informativos/rodriguez-carballo-confia-en-que-o-papa-francisco-vena-a-compostela-588703

E xa o Telexornal do sábado pola tarde, ademáis de abrir os titulares cos actos relixiosos, comenta con gran detalle e extensión a noticia:

http://www.crtvg.es/informativos/frei-rodriguez-carballo-novo-arcebispo-de-belcastro-588777

Pero por se fose pouco, o domingo 19, mesmo a Revista fin de semana (un espazo que a penas da novas de actualidade) da a noticia case ao principio do programa:

http://www.crtvg.es/informativos/o-cardeal-bertone-presidiu-a-ordenacion-de-xose-rodriguez-carballo-58890s:

Non queda ahí a cousa; o Telexornal mediodía do domingo 19 da outras dúas informacións: que oficiou a súa primeira Misa tras ser nomeado, e que os veciños de Sarreaus (Ourense) lle están preparando unha homenaxe:

http://www.crtvg.es/informativos/o-arcebispo-de-belcastro-oficia-a-sua-primeira-misa-en-santiago-588945

http://www.crtvg.es/informativos/familia-e-vecinos-do-arcebispo-de-belcastro-preparanlle-a-homenaxe-en-sarreaus-588944

Pensaban que xa rematou todo ??… Non. O Telexornal serán do mesmo domingo 19 volve dar un gran tratamento informativo, con dúas pezas consecutivas:

http://www.crtvg.es/informativos/rodriguez-carballo-confia-en-traelo-papa-a-galicia-589005

http://www.crtvg.es/informativos/homenaxe-ao-arcebispo-de-belcastro-na-sua-aldea-natal-de-sarreaus-589004

Un despregue de información DESPROPORCIONADA E TENDENCIOSA NO ÁMBITO RELIXIOSO, nunha canle pública que debería ser escrupulosa e equilibrada neste tipo de cuestións.