Apoio popular, 30 segundos na TVG

hula

 

27 de decembro. A Federación Veciñal Lucense e a asociación Abre la Muralla entregaron no Parlamento de Galicia máis de 44.000 firmas recollidas para reclamar que o Hospital Universitario de Lugo (HULA) conte cunha unidade de hemodinámica as 24 horas, así como de radioterapia e medicina nuclear.

Seguir lendo

A “sospeitosa” desaparición da última frase

 

Martes, 4 de xuño: 40 alcaldes e voceiros socialistas de Lugo asinaron un manifesto para esixir a implantación de varios servizos sanitarios no HULA.

Así o redactou a delegación de Lugo:

Alcaldes e voceiros socialistas da provincia de Lugo presentaron un manifesto pra esixirlle á Xunta a posta en marcha dos servizos prometidos no Hospital Lucus Augusti. Baixo o lema “Non somos cidadáns de segunda” o presidente da Deputación deu lectura ás súas reivindicacións. Xosé Ramón Gómez Besteiro lembrou que a creación das áreas de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear era xa un compromiso do anterior Goberno galego.

Os socialistas pediron apoio cidadán á manifestación convocada pra este xoves por 130 colectivos pra reclamar estes servizos, que consideran prioritarios.

Así se leu no Telexornal Mediodía (son dous enlaces, xa que un é continuidade doutro. Ollo á última frase do texto dos nosos compañeiros de Lugo).

http://www.crtvg.es/informativos/socialistas-de-lugo-esixenlle-a-xunta-a-posta-en-marcha-dos-servizos-do-hospital-lucus-augusti-600581

http://www.crtvg.es/informativos/temperaturas-altas-en-toda-galicia-600580

Por que non se leu a última frase malia que a redacción permaneceu inalterada? Un misterio, pero non deixa de ser sospeitoso.

Poñemos o noso correo a diposición de todo aquel/a que dunha forma anónima e confidencial queira desentrañar este misterio: eunonmanipulo@gmail.com