Milleiros de lucenses reclaman servicios hospitalarios…. que a Xunta xa está dando

 

lugo

Tódolos medios recollen a multitudinaria manifestación celebrada o 6 de xuño en Lugo para reclamar servicios para o Hospital Lucus Augusti.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/06/06/galicia/1370546659_294840.html

http://elprogreso.galiciae.com/nova/256245-multitudinaria-manifestacion-demanda-servicios-sanitarios-lugo

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2013/06/06/5000-personas-manifiestan-lugo-demandar-servicios-hula/00031370546251549810473.htm

Televisión de Galicia támén, pero nunha información bastante máis breve que emite o Telexornal Serán na que comprime a propia manifestación, a versión da Xunta a os investimentos que ese mesmo dái anuncia o DOG para o centro sanitario lugués. Outra vez unha contramanifestación.

Ollo co enlace, porque de novo esta noticia non aparece con titular propio na web. Está a partir do mintuo 1.31

A “sospeitosa” desaparición da última frase

 

Martes, 4 de xuño: 40 alcaldes e voceiros socialistas de Lugo asinaron un manifesto para esixir a implantación de varios servizos sanitarios no HULA.

Así o redactou a delegación de Lugo:

Alcaldes e voceiros socialistas da provincia de Lugo presentaron un manifesto pra esixirlle á Xunta a posta en marcha dos servizos prometidos no Hospital Lucus Augusti. Baixo o lema “Non somos cidadáns de segunda” o presidente da Deputación deu lectura ás súas reivindicacións. Xosé Ramón Gómez Besteiro lembrou que a creación das áreas de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear era xa un compromiso do anterior Goberno galego.

Os socialistas pediron apoio cidadán á manifestación convocada pra este xoves por 130 colectivos pra reclamar estes servizos, que consideran prioritarios.

Así se leu no Telexornal Mediodía (son dous enlaces, xa que un é continuidade doutro. Ollo á última frase do texto dos nosos compañeiros de Lugo).

http://www.crtvg.es/informativos/socialistas-de-lugo-esixenlle-a-xunta-a-posta-en-marcha-dos-servizos-do-hospital-lucus-augusti-600581

http://www.crtvg.es/informativos/temperaturas-altas-en-toda-galicia-600580

Por que non se leu a última frase malia que a redacción permaneceu inalterada? Un misterio, pero non deixa de ser sospeitoso.

Poñemos o noso correo a diposición de todo aquel/a que dunha forma anónima e confidencial queira desentrañar este misterio: eunonmanipulo@gmail.com