Os problemas que arrastra Santiago por implicacións dos seus políticos do PP en casos de suposta corrupción sempre foron peor valorados polos responsables dos informativos da Televisión de Galicia que os relacionados cos concellos de Lugo e Ourense, gobernados polo PSdeG-PSOE.
Arquivo por etiquetas: Gómez Besteiro
Segue o trato ruín a Gómez Besteiro
Luns, 11 de novembro. Os líderes do PSdeG e de Esquerda Unida, Xosé Ramón Gómez Besteiro e Iolanda Díaz, reuníronse no marco dos contactos que o socialista está a realizar desde a súa elección con representantes doutras formacións.
A TVG enviou un equipo ó encontro entre Besteiro e Díaz, básicamente para preguntarlle ó socialista polo expediente a Carlos Príncipe e pola razón de por qué o PSOE non aprobou unhas primarias “á galega”. (Curioso que a TVG sempre teña preguntas incómodas para os políticos da oposición (normalmente cociñadas nos despachos) e nunca para os membros do partido no Goberno (a quen os nosos xornalistas non se atreven a formular preguntas que lles podan amolar)).
A cobertura da xuntanza entre Besteiro e Díaz no Telexornal Mediodía foi cativeira. Apenas 20 segundos!
http://www.crtvg.es/informativos/xuntanza-de-xose-ramon-besteiro-e-iolanda-diaz-697270
No Telexornal Serán directamente pasaron do encontro.
Aínda que na fin de semana o tratamento informativo da conferencia política do PSOE, e a participación da delegación galega, estivo á altura da trascendencia do acto, apenas un día despois os informativos da TVG volveron minimizar o discurso do líder socialista. Este luns, Besteiro volveu falar da conferencia socialista (“marcará un antes e un despois”), pero no Telexornal Mediodía só se lle ve falando do caso do deputado de AGE, Fernández Calviño!!!
Mes e medio despois da súa elección como secretario xeral do PSdeG, a presenza de Gómez Besteiro nos Telexornais é testemuñal. O responsable sería entrevistalo nos seguintes días ao seu triunfo, como fixeron case todos os medios menos a TVG.
O dito, Besteiro é o xefe do principal líder da oposición, pero na TVG case parece membro dunha formación extraparlamentaria.
Debe estar conectado para enviar un comentario.