O enchufe da conselleira de Sanidade, noticia de alcance curto

bustamente

conselleira

“O Complexo hospitalario de Santiago executará de xeito inmediato a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula o nomeamento de Manuel Bustamante como xefe de servizo de cirurxía xeral.  Bustamante, que é o marido da conselleira de Sanidade, gañara o concurso no ano 2010. A sentenza alega vicio de desviación de poder e falta de motivación clamorosa.”

Seguir lendo

A “sospeitosa” desaparición da última frase

 

Martes, 4 de xuño: 40 alcaldes e voceiros socialistas de Lugo asinaron un manifesto para esixir a implantación de varios servizos sanitarios no HULA.

Así o redactou a delegación de Lugo:

Alcaldes e voceiros socialistas da provincia de Lugo presentaron un manifesto pra esixirlle á Xunta a posta en marcha dos servizos prometidos no Hospital Lucus Augusti. Baixo o lema “Non somos cidadáns de segunda” o presidente da Deputación deu lectura ás súas reivindicacións. Xosé Ramón Gómez Besteiro lembrou que a creación das áreas de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear era xa un compromiso do anterior Goberno galego.

Os socialistas pediron apoio cidadán á manifestación convocada pra este xoves por 130 colectivos pra reclamar estes servizos, que consideran prioritarios.

Así se leu no Telexornal Mediodía (son dous enlaces, xa que un é continuidade doutro. Ollo á última frase do texto dos nosos compañeiros de Lugo).

http://www.crtvg.es/informativos/socialistas-de-lugo-esixenlle-a-xunta-a-posta-en-marcha-dos-servizos-do-hospital-lucus-augusti-600581

http://www.crtvg.es/informativos/temperaturas-altas-en-toda-galicia-600580

Por que non se leu a última frase malia que a redacción permaneceu inalterada? Un misterio, pero non deixa de ser sospeitoso.

Poñemos o noso correo a diposición de todo aquel/a que dunha forma anónima e confidencial queira desentrañar este misterio: eunonmanipulo@gmail.com

Só versión oficial

sergas orto

4 de maio. Sanidade publica un novo modelo de prestación ortoprotésica, que implanta o reintegro como sistema de pagamento, é dicir, que o usuario deberá adiantar o importe íntegro das súas próteses ou material ortopédico.

Dase a información dende o punto de vista do Goberno galego dando a coñecer o datos positivos que ten a medida para a xestión da Xunta e non o impacto negativo que terá no usuario da sanidade pública, que é realmente o que resulta interesante para os cidadáns. Seguir lendo

Mina non, mina si, mina si….

mina si

2 de xuño. O colectivo contraMINAcción convoca unha manifestación en Santiago contra o proxecto de minería a ceo aberto que unha empresa canadense quere facer en Cabana de Berganitños,  apoiado pola Xunta de Galicia. Seguir lendo