26 de novembro. Coñecíamos a reacción de Carlos Fabra á súa condena de catro anos de cárcere. O expresidente da Deputación de Castellón , en rolda de prensa, dicía que non tiña medo a ir á cadea, que facía anos que se afeitaba.
Arquivo por etiquetas: Fraude fiscal
Nada de escándalos do PP, pero si críticas á oposición
O venres 15, o PS de G-PSOE e o BNG reclaman a comparecencia do alcalde de Cea, José Luis Valladares (PP); do presidente provincial do PP, José Manuel Baltar; e do líder galego do PP e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para que expliquen a súa relación coa rede de fraude fiscal destapada polo responsable do grupo empresarial “5 Jotas”, José Manuel Costas.
Escándalo e vergoña no Tx serán con Conde Roa
No Telexornal serán do venres 7 de xuño ofrécese unha das noticias TRATADAS DO XEITO MÁIS DESCARADO E VERGOÑENTO NOS ÚLTIMOS ANOS NA TVG.
Rubalcaba fala dos billetes de 500 €… e Schez. Camacho carga contra o PSOE
Telexornal mediodía do sábado 20 de abril. Emítense unhas declaracións de Alfredo Pérez Rubalcaba (secretario xeral do PSOE), nas que propón suprimir os billetes de 500 euros, para combater a fraude fiscal e para que a xente explique como os conseguíu…
Despois desta información (insistimos, sobre a posible supresión dos billetes de 500 € PARA COMBATER A FRAUDE FISCAL), póñense outras declaracións da presidenta do PP en Cataluña !!! (Alicia Sánchez Camacho), falando de que o PSOE ten problemas internos… que Rubalcaba non pode ser líder da oposición porque non o queren no seu Partido… que se preocupa máis dos problemas internos ca dos dos españois…
É dicir: a unha proposta sobre fraude fiscal do líder do PSOE contéstalle unha responsable autonómica do PP… e sacando todo completamente de contexto… só co afán de atacar a Rubalcaba e aos socialistas.
Debe estar conectado para enviar un comentario.