A redacción de informativos da Televisión de Galicia recibiu con alegría a nova de que dúas das nosas, as xornalistas Encina Ramos e Carme Santos, viran recoñecidos os seus traballos pola Fundación Profesor Novoa Santos. As reportaxes premiadas emitíronse no programa Reporteiros, desaparecido da programación da TVG por decisión da dirección de informativos.
Arquivo por etiquetas: Foro Aberto
Foro aberto, a mina de Corcoesto, e un xornalista “imparcial”
O martes 28 de maio, o programa “foro aberto” aborda o polémico asunto da mina de Corcoesto con tres analistas: Serafín González (Sociedade galega de historia natural), Alfonso Ares (USO Galicia) e Pablo Acción (Xefe de informativos da cadea Cope en Galicia, habitual deste espazo).
Mentres o primeiro é contrario ao proxecto, os outros dous son partidarios del. González expón con datos e feitos a inconveniencia da explotación, mentres Ares e Acción divagan e non ofrecen argumentos sólidos.
ESPECIALMENTE INQUISIDOR E CRÍTICO (con Serafín González) MÓSTRASE PABLO ACCIÓN, QUE ANTEPÓN OS INTERESES ECONÓMICOS AOS POSIBLES PERXUÍZOS PARA A SAÚDE DOS CIDADÁNS E O MEDIO NATURAL.
http://www.crtvg.es/tvg/programas/foro-aberto
Algunhas “perlas” de Pablo Acción nun tema potencialmente tan grave para a poboación: “a empresa promete ter un seguro de responsabilidade civil…”, “un camión de ouro (o que se prevé sacar da mina en 8 anos)… o ouro en “New York”… a onza está a 1.200 euros…”; “os veciños non teñen nada que dicir… soamente as autoridades e os técnicos…”
Acción non mostra en ningún intre nin a máis mínima sensibilidade cos posibles problemas de contaminación na zona da mina…
Por certo, nun momento dado (ao redor do minuto 8’35”) o xornalista da Cope FALA DE CABANA DE BERGANTIÑAS… si, con “A”… e non rectifica.
Este é un dos xornalistas habituais en “foro aberto”, caracterizado sempre pola súa actitude a prol do PP, sen ningún disimulo. E por iso cobra, claro, como tódo-los xornalistas que acuden ao programa.
No seu perfil en internet da páxina “Linkedin” aparece o seguinte (textualmente):
Aptitudes y conocimientos de Pablo Acción Badía:
profundo conocedor de la realidad política y económica de Galicia.
Idiomas de Pablo Acción Badía:
Inglés, portugués.
Moi ben: UN SEÑOR QUE ACUDE COMO TERTULIANO HABITUAL (E COBRA) A “FORO ABERTO”, RECOÑECE ABERTAMENTE QUE NON FALA GALEGO !!!!!. Iso si, domina o portugués… igual queda máis fino para demostrar que é un profundo coñecedor da realidade política e económica de Galicia..
“Foro aberto” defende a Aznar criticando a Felipe González
No espazo “Foro aberto” do martes 21 de maio, un dos asuntos que debaten os tertulianos que modera Carlos Luis Rodríguez é a entrevista que pouco antes mantivo en Antena 3 o ex-presidente do goberno José María Aznar.
Se practicamente tódo-los medios destacaron desa entrevista o desencontro e as críticas de Aznar co actual presidente Rajoy e ás súas políticas de goberno, “Foro aberto” só ofrece declaracións de Aznar cando di que nunca recibíu “sobres”, e que as súas declaracións da renda sempre foron meticulosas (ao redor do minuto 50’00”).
NON SE FALA NADA DAS CRÍTICAS DE AZNAR A RAJOY E AO ACTUAL GOBERNO (EN ESPECIAL AO MINISTRO MONTORO), e xa preto do final (minuto 59’00”), cando un dos intervintes (o avogado Xosé Antón Pérez Lema) di que a actitude de Aznar “é a de levitar” (sic), Carlos Luis Rodríguez INTERROMPEO E DILLE TEXTUALMENTE: “BUENO, BUENO, XOÁN ANTÓN… ESA É A MESMA ACTITUDE QUE TEN FELIPE GONZÁLEZ…”
maio http://www.crtvg.es/tvg/programas/foro-aberto
É dicir: o presentador moderador (suponse que debe ser imparcial) dun espazo informativo público da TVG interrompe a un tertuliano no seu libre uso da palabra para DEFENDER A AZNAR, CRITICANDO A FELIPE GONZÁLEZ, sen vir a conto para nada. Todo un exemplo para o xornalismo.
As miserias de Carlos Luis Rodríguez (Foro aberto)
O programa “Foro aberto”, que presenta o nada sospeitoso Carlos Luis Rodríguez, comeza o mércores 15 de maio falando da sesión do Parlamento de Galicia celebrada ese mesmo día.
Tra-lo saúdo inicial, o presentador di textualmente: “NORMALIDADE entre comiñas (fai o xesto a cámara) no Parlamento galego: Beiras volve insultar ao presidente da Xunta” (minuto 00’17”).
No minuto 1’36”, Carlos Luis Rodríguez volve sobre o asunto dicindo: “como sempre, Beiras tivo un papel protagonista porque co micrófono pechado acusou ao presidente de ser un chulo de barra americana”… pero o que entra a continuación, É UN VIDEO DO ENFRONTAMENTO VERBAL ENTRE YOLANDA DÍAZ E FEIJOO sobre as facturas e contratos da Xunta coas empresas do narcotraficante Marcial Dorado.
Pero o máis grave ocorre no MINUTO 6’04” de programa. Falando con Carlos Aymerich sobre o caso de Beiras, CARLOS LUIS RODRÍGUEZ DI QUE… “SE CADRA TEN UN COÑECEMENTO CABAL DESE TIPO DE LOCAIS” (cita textual)… unha alusión inaxeitada, miserable e totalmente fora de lugar nun espazo informativo público da Televisión de Galicia.
O machismo de Domingo Bello Janeiro
Martes 30 de maio. Emítese o programa “Foro aberto”, e preto do final, o tertuliano Domingo Bello Janeiro (Catedrático de Dereito civil na Universidade de A Coruña e encendido defensor das políticas de dereitas e, obviamente, do PP), fai a seguinte apreciación:
“… AS MULLERES HONESTAS E OS POBOS FELICES NON TEÑEN HISTORIA, TEÑEN FUTURO” (sic)
O “analista” atribúelle a frase ao poeta modernista mexicano Amado Nervo. Non está demostrado que sexa así porque hai máis versións sobre a autoría da mesma.
En todo caso, Bello Janeiro asumea sen complexos e soltaa con absoluto descaro no programa. Minuto 58’10”.
Este é o tipo de comentaristas que acuden á TVG para programas de “debate”…
Debe estar conectado para enviar un comentario.