Beatriz Mato e a Operación Orquesta

matoO luns 15 de abril El País recollía unha información na que se aseguraba que o xuíz que investiga a Operación Orquestas, unha trama de corrupción de funcionarios e políticos na Costa da Morte, pedía abrir unha nova liña para ver si a conselleira Beatriz Mato tamén estaba implicada no tráfico de influencias.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/14/galicia/1365967588_362170.html

En ningún Telexornal se emitíu nada, malia que a conselleira de Traballo e Benestar Social fixo declaracións ante esta noticia nun encontro cos medios.

Ó día seguinte tamén saía publicada no xornal La Voz de Galicia unha referencia os correos electrónicos que Mato intercambio o alcalde de Fisterra para a contratación do persoal nun xeriátrico de Vimianzo.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/04/16/auto-orquesta-abre-puerta-nuevos-procesos-corrupcion-politica/0003_201304G16P8993.htm

Sen novas sobre a Operación “Orquesta” da costa da Morte

Na fin de semana do 13 e 14 de abril, os xornais fanse eco (destacando a nova mesmo en primeiras páxinas) da chamada “operación Orquesta”, na que foron imputados por supostos delictos de CORRUPCIÓN  (adxudicacións ilegais, cobros de comisións, tráfico de influencias… etc…) varios alcaldes ou ex-alcaldes de Cee, Corcubión, Mazaricos e Fisterra. Os alcaldes do PP (o de Fisterra e o de Mazaricos), están en liberdade provisional desde 2011.
Pois ben… só o Telexornal serán do sábado 13 comenta algo do asunto (24 segundos de imaxes e dun xeito suave e nada relevante, a pesar de que terán que comparecer case 30 persoas implicadas…), e curiosamente, SEN CITAR EN NINGÚN MOMENTO A QUÉ PARTIDO PERTENCEN ESES ALCALDES !!!!!
         Ahí quedan os enlaces do tratamento que lle deron a TVG, e outros medios eses días.