Respostas ás acusacións antes de informar delas

 

papeles barcenas

 

Sobre as seis e media da tarde, do 7 de maio, a axencia Europa Press daba a coñecer un informe da UDEF (Unidade de Delitos Económicos e Fiscais) segundo o cal os donantes que aparecen nos chamados papeis de Bárcenas recibiron 12 mil millóns de euros en contratos dos distintos gobernos do Partido Popular, entre os anos 2001 e 2012.

Axiña a información apareceu nos medios:

http://www.lavanguardia.com/politica/20130507/54373885775/presuntos-donantes-pp-habrian-recibido-12-000-millones-adjudicaciones.html

http://www.cadenaser.com/espana/articulo/informe-policial-relaciona-donaciones-contratos-pp/csrcsrpor/20130507csrcsrnac_27/Tes

http://politica.elpais.com/politica/2013/05/07/actualidad/1367946677_704079.html

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/07/espana/1367948620.html

http://www.elperiodico.com/es/noticias/politica/policia-confirma-financiacion-ilegal-del-2384541

http://www.farodevigo.es/espana/2013/05/08/doce-mil-millones-gobiernos-populares/806024.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/05/08/policia-ve-financiacion-ilegal-pp/0003_201305G8P20991.htm

Na Televisión de Galicia a información non foi en portada e apareceu no minuto 22 do Telexornal Serán, pero co desmentido do Goberno, malia que o informativo da tarde comezou con outra nova relacionada cos escándalos financeiros en España, en concreto o caso Noos, xa que Audiencia de Palma suspendeu a imputación da Infanta Cristina polas sua presunta implicación na malversación e fraude de capitais.

Esta foi a información que se deu na Galega.

“O goberno acaba de negar que a policía nacional redactara un informe no que se vinculan as doacións ó PP por parte de empresarios á adxudicación de contratos prás súas empresas.

Desmente así unha información que publicaron esta tarde varios medios, e que apuntaban a que os doadores que aparecen na suposta contabilidade B do Partido Popular, atribuída ao seu ex tesoureiro Luís Bárcenas, recibiron máis de 12 mil millóns de euros entre 2001 e 2012, en contratos adxudicados por administracións públicas gobernadas polo PP.”

http://www.crtvg.es/informativos/interior-di-que-non-lle-consta-a-existencia-do-informe-da-udef-no-que-se-vinculan-doacions-o-pp-con-contratos-empresariais-581634

Deste xeito presentouse primeiro a resposta do Goberno a unha nova antes de que se dera a propia información, antes de coñecer os datos.