Matas entra no cárcere… coma se nada

 

Matas ingresa en prisión

             Luns 28 de xullo. Jaume Matas, que foi Ministro con Aznar varios anos, presidente das Baleares en dúas etapas, e líder do PP nas illas desde 1996 ata 2007, entra no cárcere para cumprir unha condena de 9 meses por corrupción, por tráfico de influencias.

             Matas é o político do PP de maior rango institucional que entra en prisión.

             Xunto ao ex-presidente socialista de Navarra, Gabriel Urralburu, é ata agora o único máximo responsable autonómico encarcerado. Só outro socialista, José Barrionuevo, precede a Matas como único ex-ministro preso en España durante a actual etapa democrática, no seu caso por participar na chamada “guerra sucia” contra ETA.

Seguir lendo