O xoves 6 de xuño, a Xunta aproba o decreto de fusión dos concellos coruñeses de Oza dos Ríos e Cesuras, e os Telexornais mediodía e serán da TVG destacan especialmente a noticia, con declaracións do presidente da Xunta que resaltan o feito TOTALMENTE EN POSITIVO:
http://www.crtvg.es/informativos/a-xunta-aproba-o-decreto-de-fusion-voluntaria-de-oza-cesuras-602034
Neste blog XA DENUNCIAMOS VARIAS VECES que o proceso desta fusión estivo salpicado de irregularidades (nunca comentadas nos Telexornais) e a oposición (de partidos e veciños) foi silenciada sistematicamente nos informativos da TVG. Lembrar que tanto en Oza como en Cesuras goberna o PP.
E para non reiterarnos no mesmo outra vez, PUBLICAMOS UN ESCRITO QUE NOS ENVÍA A CONCELLEIRA DE CESURAS EVA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, SOBRE A FUSIÓN E SOBRE AS INFORMACIÓNS DOS TELEXORNAIS DESTE 6 DE XUÑO:
“Son concelleira da oposición no recén “fusionado” concello de Cesuras. Acabo de ver a emisión no telexornal da nova e ofrecedes información sesgada, enganosa e incluso mentiras !!.
A gardería non é un premio á fusión, xa estaba aprobada de antes e ademáis con financiamento estatal.
Por que non se falou nada de que un dos alcaldes, concretamente o de Cesuras, dimitíu o mes pasado tras publicarse a súa “actividade” urbanística ??. E mesmo que na semana pasada se publicou que foi condenado por estafa a un ano de cárcere e inhabilitado para sufraxio pasivo ??.
Tamén está inhabilitado para exercer cargo público o ex-alcalde de Oza Ramón Peón dende antes de que se celebraran os plenos de aprobación da fusión. Tampouco se falou nada da controversia legal respecto á necesidade de votos necesarios para a aprobación da fusión nos plenos de Cesuras e Oza…”
É o texto íntegro, transcrito literalmente, de EVA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, concelleira de Cesuras.
Este blog busca eliminar por completo a manipulación informativa na TVG, pero tamén pode reflectir as distintas opinións e sensibilidades que xurdan nalgúns asuntos.
Pola importancia deste, facémonos eco do comentario da edil Eva Rodríguez (como parte interesada e coñecedora da fusión Oza – Cesuras). Se alguén -cunha responsabilidade similar á dela- está en contra do que opina, pódenos facer chegar a versión que considere oportuna.
Nesta dirección de correo podedes poñervos en contacto con nós:eunonmanipulo@gmail.com