A rolda de prensa sindical que nunca se emitíu

          Luns, 10 de xuño.  Os sindicatos CC. OO.  e UXT de Galicia convocan unha rolda de prensa na que anuncian que secundan as protestas convocadas o domingo 16 para “recuperar a democracia” na Unión Europea e para denunciar o “fracaso” Seguir lendo

Versión diferente do que dixo Soria sobre subir o IVE

soria minisRAJOY IVA

 

6 de xuño. As webs de practicamente tódolos xornais españois falaban a media mañá de que o ministro José Manuel Soria desdecía o que o día antes afirmara o presidente do Goberno :  non se vai tocar o IVE  España de momento, malia recomendación europea.

http://www.abc.es/economia/20130606/abci-soria-ministro-201306061042.html

http://www.expansion.com/2013/06/06/economia/1370507005.html

http://www.publico.es/dinero/456713/soria-admite-que-el-gobierno-tocara-el-iva-de-algunos-productos

 

Sen embargo, o Telexornal Mediodía da TVG, o de maior audiencia, ven a decir que Soria ratifica a Rajoy.  Segundo o Telexornal,  Soria di que os IVE actuais vixentes en España seguirán no 4, o 10 e o 21%. 

http://www.crtvg.es/informativos/europa-suxire-pasar-alguns-produtos-do-ive-reducido-ao-superreducido-602028

O Goberno, satisfeito; e o sector pesqueiro?

índice
Mércores, 15 de maio: Os armadores españois cren que o acordo sobre os descartes ao que chegaron os ministros europeos de pesca no marco da reforma da política pesqueira común pón en perigo a frota.
A noticia, verdadeiramente trascendental para a pesca galega, queda reducida a unha información de medio minuto na que só se recolle a “satisfacción” do Goberno español, porque “non prosperou limitar os descartes por marea para cada barco”. Non se recolle en ningún momento a opinión dos principais afectados, o sector pesqueiro galego.  http://www.crtvg.es/informativos/os-ministros-de-pesca-da-ue-chegan-a-un-acordo-de-madrugada-para-reformar-a-politica-pesqueira-comun-586747

Recortes en dependencia

índice

 

O Plan Nacional de Reformas 2013, remitido polo Goberno á Comisión Europea, prevé un aforro de 1.108 millóns de euros no sistema de atención á dependencia. Así o recollen os medios de comunicación.

http://www.rtve.es/noticias/20130501/plan-reformas-preve-este-ano-1108-millones-ahorro-dependencia/654581.shtml

http://www.elperiodico.com/es/noticias/sociedad/gobierno-asesta-hachazo-final-ley-dependencia-2379936

http://www.lavanguardia.com/politica/20130502/54371732275/gobierno-reduce-1-108-millones-ayudas-dependencia.html

A Televisión de Galicia segue sen dar esta noiticia, que saiu á luz pública o martes, 30 de abril.

 

As recomendacións do FMI, non; a Basílica de San Pedro, si.

Na tarde do xoves 18 de abril, difúndese a noticia de que o Fondo Monetario Internacional (FMI) recoméndalle ao goberno español que os axustes no pais “non deben ser tan duros”.

         A directora xerente do FMI, Christine Lagarde, asegura que ESPAÑA TEN QUE SUAVIZALOS RECORTES, e debe ser máis flexible no axuste fiscal, xa que a taxa de paro está situada ao redor do 25 %…
           A TVG -unha vez máis- “pasa” olimpicamente de ofrecer esa información relevante (pola Institución de que se trata e pola posibilidade inminente de que o goberno do PP tome novas medidas de recortes económicos).
           Sen embargo, o TX serán ofrece informacións “de gran calado” como que en 1506 se puxo a primeira pedra da Basílica de San Pedro…