Primeiro ocultou a noticia, e cando se convertiu nun debate estatal do que era imposible fuxir optou por dar as reaccións.
Primeiro ocultou a noticia, e cando se convertiu nun debate estatal do que era imposible fuxir optou por dar as reaccións.
Luns. 4 de novembro. Tódolos medios informan da decisión do ministerio de Cultura de retirar, en medio do curso, a aportación estatal ás becas Erasmus que non tiveran beca xeral o ano anterior. Os estudiantes xa están nos seus destinos europeos e fixeron os seus cálculos contando con esta axuda, que é de entre 100 e 180 euros mensuais por alumno.
O luns 4 de novembro, comparece en comisión parlamentaria o Conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez, para detallar os presupostos do seu departamento para 2014.
24 de outubro. La Voz de Galicia publica que pais e profesores denuncian que xa hai nenos que van a clase sen libros de texto.
O mércores 23 de outubro desenvólvese o segundo día de folga estudiantil no ensino medio, con seguimento tamén nas Universidades, contra os recortes da LOMCE, a chamada “lei Wert”.
Segundo o sindicato de estudantes, o seguimento foi do 90%, mentres o Ministerio de educación fala só do 18’8%.
22 de outubro. Os alumnos dos centros públicos están convocados a tres xornadas de folga consecutivas dende hoxe contra os “recortes” e o proxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce), en tramitación parlamentaria, a “Lei Wert”.
9 de outubro. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso da Xunta en contra da execución forzosa das sentenzas que anulan parte de dous artigos do decreto do plurilingüismo no ensino e que lle daba ao Goberno galego un mes de prazo para o seu cumprimento.
7 de outubro. Non se entende moi ben que o Telexornal Mediodía, o máis importante da TVG, non informara absolutamente ningún dìa sobre a folga de ensino nas illas Baleares, que durou tres semanas.
O domingo 29 de setembro, prodúcese en Palma de Mallorca a que xa se considera como a maior manifestación cidadá da historia nas illas Baleares.
Os informativos da Televisión de Galicia silencian sistemáticamente a folga do ensino que desde hai semana e media mantén bloqueado o comezo do curso en Baleares.
Debe estar conectado para enviar un comentario.