Por que se ocultan os soldos do consello de administración?

             O xoves 18 de decembro, o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, comparece no Parlamento de Galicia para responder a preguntas dos distintos grupos parlamentarios.

        Destaca especialmente unha de AGE, a cargo do deputado Juan Manuel Fajardo, sobre os soldos que perciben os membros do consello de administración da propia CRTVG. Fajardo cualificou de “nefasta” a política de transparencia do ente público.

              

                  Sánchez Izquierdo dixo que non lle gustaba trasladar datos persoais á cámara, e que decidíu facelo porque o consello de administración así o aceptou unánimemente.

Seguir lendo

O director xeral tiña razón; non sabemos idiomas. Qué significa Standard & Poor,s?

imgres

A axencia de cualificación Standard & Poor,s confirmou hoxe o seu rating para Galicia, con perspectiva negativa (BBB-/A-3). A axencia entende que a comunidade segue mostrando un “alto nivel de enbededamento e un déficit elevado”.

Ademais certifica que Galicia “ten unha capacidade de financiametno limitada para oporse ás reformas do goberno central”. Seguir lendo