Nin rastro do drama dos desafiuzamentos

              O venres 13 coñécese o informe do Consello xeral do Poder xudicial (CXPX) sobre os efectos da crise económica, que destaca o aumento dos desafiuzamentos en España durante 2014. A cifra total foi de 68.091, un 1’3 % máis dos rexistrados en 2013.

               O maior avance producíuse nos desafiuzamentos por impago de hipotecas, que medraron case o 12 % con respecto ao ano anterior.

               Galicia foi unha das comunidades con peor comportamento, ao aumentar os desafiuzamentos un 4’78 %, ata un total de 2.519 en 2014.

                A noticia ten unha ampla repercusión na meirande parte dos medios de comunicación. Velahí algúns exemplos:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2015/03/14/galicia-practican-210-desahucios-mes/0003_201503G14P36993.htm

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2015/03/13/desahucios-inmuebles-suben-4-2014/936696.html

http://cadenaser.com/ser/2015/03/13/economia/1426246339_323194.html

http://www.elidealgallego.com/articulo/economia/desahucios-aumentaron-galicia-casi-5-ano-pasado/20150313233223233268.html

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/sube-numero-desahucios-inmuebles-galicia-cada-tres-ejecucion-hipotecaria/idEdicion-2015-03-13/idNoticia-920986/

http://www.abc.es/economia/20150313/abci-desahucios-cgpj-datos-201503131109.html

http://www.radiointereconomia.com/2015/03/13/la-pah-culpa-a-pp-y-psoe-de-los-500-000-desahucios-que-ha-habido-desde-2008/

http://www.20minutos.es/noticia/2403735/0/desahucios-crecen-2014/1-3-frente-2013/informe-cgpj/

                Dicimos o da meirande parte dos medios de comunicación, porque desgrazadamente a TVG ignora isa información, facendo o conseguinte ridículo. Seguramente porque a consigna dos Telexornais é dar sempre noticias en positivo… “optimizar” todo para favorecer ao PP e a súa xestión. E claro, este dato tan negativo dos desafiuzamentos – sobre todo en Galicia – é moi malo e hai que ocultalo. Xa saben como as gastan @s responsables de informativos da TVG…

                Como dubidar da catadura moral desta xente, que nin sequera o pasado mércores fixo alusión á traxedia que supoñen os suicidios en Galicia por mor da crise económica, segundo indica un estudo de profesionais da psicoloxía e doutros ámbitos na nosa comunidade:

                E hai algo máis dunha semana, a TVG tampouco deu absolutamente nada do veto do PP no Parlamento a unha solicitude do BNG, apoiada por PS de G-PSOE e AGE, para que se paralicen os desafiuzamentos en Galicia:
                  Outra vergoña máis. Manipular – neste caso ocultando – a dramática situación de milleiros de familias que deben abandonar o seu fogar, é unha infamia que reflicte ata que punto @s responsables da TVG están dispost@s a todo con tal de colaborar co goberno do PP. O de menos para el@s é informar. O máis importante é manter os seus privilexios e prebendas, aínda que perdan a dignidade. Claro que, quen non a ten, non a pode perder…

Cando a sentenza non interesa: caso Jorquera

scale3
Un xulgado da Coruña anulou a multa ao deputado do BNG Francisco Jorquera pola súa participación nas protestas contra o desafiuzamento dunha anciá e condenou á Delegación do Goberno a pagar as costas do xuízo por “vulnerar os dereitos fundamentais do recorrente”. Todos os telexornais ocultaron esta información e as declaracións sobre a sentenza realizadas por Jorquera.

Seguir lendo

Afectados polos desafiuzamentos….. silencio…..

salt

16 de outubro. O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, con sede en Estrasburgo (Francia), ordenou a suspensión preventiva e parcial do desaloxo dun bloque de vivendas de Salt (Girona) ocupado dende hai 7 meses por 16 familias.

Seguir lendo

Pontevedra sen desafiuzamentos por un mes

desahucio

 

Os xulgados da cidade paralizan os desafiuzamentos hipotecarios durante un mes. A decisión, adoptada o 23 de maio, débese á entrada en vigor da nova lei que establece que as cláusulas abusivas poden ser mesmo causa de suspensión do proceso. Na galega non se deu nada.

 

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2013/05/24/jueces-pontevedreses-paralizan-desahucios-clausulas-abusivas/0003_201305G24P33991.htm

 

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/05/24/juzgados-ciudad-paralizan-desahucios-hipotecarios-durante-mes/815929.html

Unha voz autorizada sobre os escraches

índie

 

 

O presidente do Tribunal Supremo, Gonzalo Moliner, considera que os escraches a políticos son “un exemplo dunha liberdade de manifestación” sempre e cuando “non sexan violentos, como non o son” ou non supoñan unha ofensa ou un atentado “contra a liberdade das personas”.

 

http://www.rtve.es/noticias/20130424/moliner-asegura-si-escrache-violento-manifestacion-libertad-expresion/648322.shtml

As declaracións non se escoitaron en ningún dos principais Telexornais da Galega.