O Telexornal mediodía do sábado 4 de maio ofrece -como unha das informacións máis destacadas da xornada-… a PREVISIÓN DE QUE A DEPURADORA DE RIBADUMIA ESTEA EN FUNCIONAMENTO O VINDEIRO VERÁN !!!.
http://www.crtvg.es/informativos/a-depuradora-de-ribadumia-entrara-en-servizo-no-veran-579921
Sen dúbida, é unha nova de alcance e enorme repercusión para Galicia… !!!. Pero é que nin sequera se trata da inauguración ou a posta en servizo… É O ANUNCIO DUNHA PREVISIÓN !!!.
Igual a importancia da nova é a presenza do Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta, Agustín Hernández… o da Deputación, Rafael Louzán (do PP, que é precisamente de Ribadumia)… o delegado da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís… a alcaldesa Salomé Peña (do PP)….
Só un medio (o Diario de Arousa, de ámbito reducido) ofrece información ao respecto.
Outra vez un gran servizo público dun Telexornal: TODA GALICIA ESTÁ PENDENTE DE QUE NO VERÁN FUNCIONE A DEPURADORA DE RIBADUMIA !!!!!
Debe estar conectado para enviar un comentario.