E o aumento de altos cargos e soldos na Deputación da Coruña (PP) ??

                         O mércores 18 de decembro, logo de varios días negandoo, o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo (PP), recoñece e xustifica o aumento de altos cargos no Organismo provincial.

           A reestructuración levada a cabo por Calvo e o seu partido na Deputación coruñesa -o PP ten maioría absoluta- mesmo pode ser ilegal, segundo advertíu o departamento de Intervención da propia institución.

Seguir lendo

Contratación de obras a dedo na Deputación da Coruña

Mostrando dipu.jpg

                 14 de decembro. A Deputación da Coruña, gobernada polo PP con Diego Calvo á fronte, concede o 60 % das adxudicacións a dedo, mediante a fórmula do negociado sen publicidade, alegando que é para dotar dunha maior axilidade a xestión.

 
                   Desto, na TVG nada de nada.
 

A Deputación da Coruña sobe os soldos e Feijóo mira para outro lado

dipu coruña

12 de decembro. El Pais publica que o PP impuxo, grazas á súa maioría absoluta, fortes subas salariais, a creación dunha decena de xefaturas cubertas na súa maioría con funcionarios procedentes da Xunta, e unha reorganización do equipo que fai cachizas as tan reiteradas promesas de adelgazar a Administración e evitar duplicidades que constituían o cabalo de batalla electoral do PP cando chegou en 2011 ao goberno da Deputación coruñesa.

Seguir lendo