A rebeldía de comunidades do PP polo déficit

1338557701200

 

 

Desde comezos de semana, a previsión do cumprimento do déficit por parte das comunidades autónomas é información moi destacada en tódo-los medios españois, sobre todo pola DISCONFORMIDADE DE VARIAS COMUNIDADES GOBERNADAS POLO PP (Madrid, Extremadura e GALICIA) co proxecto do Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro.

Este mércores 15 de maio coñécese que outras dúas comunidades do PP (Castela León e Cantabria) ÚNENSE Á REBELIÓN contra o goberno central, do mesmo Partido Popular. É dicir: hai unha guerra aberta dentro dos propios dirixentes autonómicos e do Estado do PP.

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/15/espana/1368629950.html

http://www.publico.es/espana/455356/autonomias-del-pp-ignoran-a-rajoy-y-critican-el-deficit-a-la-carta-que-pide-catalunya

http://www.cadenaser.com/economia/articulo/castilla-leon-cantabria-suman-rebelion-autonomica-deficit-carta/csrcsrpor/20130515csrcsreco_9/Tes

http://www.lasprovincias.es/20130515/mas-actualidad/politica/rebelion-varones-populares-deficit-201305151037.html

A TVG, no Telexornal mediodía, fala de que “o debate sobre o cumprimento do déficit enfronta ás comunidades autónomas”, sen máis, e na nova NON SE FALA EN NINGÚN INTRE DO ENFRONTAMENTO DE COMUNIDADES GOBERNADAS POLO PP CO PROPIO GOBERNO CENTRAL, incluída Galicia:

http://www.crtvg.es/informativos/o-debate-sobre-o-cumprimento-do-deficit-enfronta-as-comunidades-autonomas-586757

Ocúltase que Bruxelas corrixe ao Goberno

A semana pasada Eurostat rectificou o dato do déficit achegado polo Goberno español de 6,7 a 6,9% por mor das devolucións fiscais demoradas dun ano para outro. A versión do xornalista era ésta:

“Bruxelas corrixe ao Goberno e eleva o déficit do 2012 ao 6,98 por centro…..”

A noticia foi revisada polos responsables do Telexornal Mediodía e emitiuse coas seguinte redacción:

“Bruxelas eleva lixeiramente o déficit español ata o 6.98 por cento….”