As críticas a Rouco Varela non son importantes

rouco

Todos os partidos da oposición censuraron hoxe, martes 1 de abril, as palabras do arcebispo de Madrid,  Antonio María Rouco Varela, sobre as actitudes que “poden causar” unha guerra civil.  Tamén os gobernos vasco e catalán criticaron a Rouco, mentres que o  PP restou  importancia ás súas palabras, pronunciadas durante o funeral por Adolfo Suárez.

Así recollen algúns medios o asunto.

http://www.rtve.es/noticias/20140401/oposicion-censura-palabras-rouco-sobre-guerra-civil-funeral-suarez/908884.shtml

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2014/04/01/diputado-pnv-congreso-confeso-desconecto-transitoriamente-durante-homilia-rouco/00031396372486800222331.htm

http://www.elperiodico.com/es/noticias/politica/bosch-erc-homilia-rouco-varela-suarez-3237329

http://www.lavanguardia.com/politica/20140401/54404621227/oposicion-indigna-palabras-rouco-varela-guerra-civil.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/04/01/paisvasco/1396342534_016602.html

 

TVG, igual que o PP,  restoulle importancia e non emitiu nada nos seus informativos.

Segue a ocultación de noticias incómodas para o PP no concello da Coruña

Carlos Negreira y Julio Flores

 

Luns, 10 de marzo. Desenvólvese un tenso pleno no concello da Coruña, coa oposición (Esquerda Unida, BNG e PSOE) “acurralando” ao alcalde, Carlos Negreira (PP), e a varios concelleiros tamén do PP, polas supostas corruptelas cometidas dentro da operación Pokémon.

Entre outras cousas, o alcalde non contestou ningunha das preguntas que lle realizaron; o grupo do PP non votou a favor de ningunha proposta da oposición (incluídas varias contra a reforma da lei do aborto), e o tenente de alcalde, Julio Flores (PP), imputado na Pokémon, mesmo saíu da sala cando o concelleiro de Esquerda Unida emitíu polo seu micrófono as gravacións das conversas entre o propio Flores e responsables de Vendex.

Seguir lendo

Nin falar das críticas da oposición á xestión sanitaria da Xunta

O Parlamento de Galicia vivíu o mércores 18 unha das sesións máis duras e conflictivas nos últimos tempos, co debate sobre a situación da sanidade galega, con fortes críticas da oposición á xestión da Xunta.

Seguir lendo