Os actos de Ana Miranda e o BNG non existen

O martes 6 de maio, a cabeza de lista do BNG ao parlamento europeo, Ana Miranda, mantivo encontros en Valdeorras co sector pizarreiro, o do viño e emigrantes retornados que están a recibir multas de Facenda polas súas pensións no estranxeiro.

Miranda pedíulle aos dirixentes do PP que eviten triunfalismos cos datos do paro, porque en Galicia hai 270.000 persoas sen traballo, e 100.000 mozos e mozas tiveron que emigrar por falta de futuro na súa terra.

Seguir lendo

E as duras críticas do alcalde de Muras (PP) á dirección do partido en Galicia?

Xoves 13 de marzo. O alcalde do concello lugués de Muras, Issam Alnagm, do PP, fai unhas duras e sorprendentes declaracións contra o seu propio partido. Fixoo en Lugo, onde acudíu a declarar como imputado pola trama das multas de tráfico que investiga un xulgado lugués.

Alnagm, de orixe siria e un dos máis veteranos alcaldes do PP en Galicia, declárase “fraguista” e di que “o PP é de Fraga, non desta xente que o ten secuestrado”. Tamén engade que os actuais dirixentes do PP en Galicia son uns “yeyés”, e que “xa botaron a Cacharro e a moitos fraguistas… e non van botar a máis”.

Seguir lendo