O aval do valedor a Cáritas non é noticia

niña pobreza
O  Valedor do Pobo defendeu hoxe, 1 de abril,  o informe de Cáritas que di que máis dun 20 por cento dos nenos galegos viven  en situación de pobreza. José Julio Fernández  deu “credibilidade” a eses datos, e saiu así ao paso das polémicas declaracións do ministro de Facenda, Cristobal Montoro, que dixo que as cifras da organización non gubernamental, vencellada á igrexa católica, non se  corresponden coa realidade.
Así recollían hoxe algúns dos principais medios galegos as declaracións do valedor.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/04/01/valedor-da-credibilidade-informe-caritas-sobre-pobreza-infantil/0003_20140420140401141915213.htm

O telexornais da TVG non consideraron de interese a opinión do Valedor do Pobo, nin o anuncio de que  ten en marcha unha investigación relacionada coa malnutrición infantil na comunidade galega. Ao mediodía  axustaronse ao informe anual da institución.
Seguindo a corrente dos gobernos de Rajoy e de Feijóo, os informativos da Galega prefiren subliñar  noticias en positivo da situación macroeconómica e esconder a realidade dos desfavorecidos.