O escaso interés da desconfianza chinesa

_mg_7341_251008-wwwaereasimagencompuerto-exterior-punta-langosteira-la-coruna

Martes, 14 de maio: O presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada, anuncia que a empresa chinesa Beijing 3E paraliza temporalmente o seu investimento en Punta Lagosteira (275 millóns de euros) por culpa da situación económica do país.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2013/05/14/empresa-china-beijing-3e-paraliza-inversion-puerto-exterior-economia-espanola-repunte/0003_20130520130514123934313.htm

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/05/15/pemex-aplaza-instalacion-langosteira-china-beijing-3e-paraliza-inversion-millonaria/810363.html

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/beijing-3e-paraliza-momento-inversion-punta-langosteira/idEdicion-2013-05-14/idNoticia-806624/

A noticia, que está en todas as redaccións desde primeira hora, só aparece no Telexornal Serán (non máis de 30″). Ao día seguinte é portada en case todos os xonais galegos.

Contrasta coa cobertura que se lle dera un ano antes á noticia do desembarco desta empresa chinesa, con declaracións do propio Enrique Losada.

http://www.crtvg.es/informativos/o-desembarco-de-pemex-e-beijing-3e-no-porto-exterior-atraeria-investidores-e-xeraria-riqueza-e-emprego-336521

Na mesma xuntanza cos xornalistas deste martes, Losada anuncia que a petroleira mexicana Pemex dase un praza de catro anos para o inicio de operacións o porto exterior da Coruña. Tampouco se alude á noticia.

As protestas fanse fora

udc_2504_e

25 de abril de 2013. As protestas dos estudantes da Univesidade da Coruña que trasladaron as clases ás rúas da cidade non aparecen no Telexornal Mediodía.

http://www.crtvg.es/informativos/universitarios-catalans-protestan-polos-recortes-e-a-suba-das-taxas-574179

En cambio si se fai eco das protestas polos recortes educativos dos estudantes universitarios de Barcelona.

http://www.europapress.es/galicia/noticia-grupo-estudiantes-udc-protesta-contra-recortes-educacion-defensa-ensenanza-publica-20121108125333.html

http://radiocoruna.com/informativos-radio-coruna/profesores-y-alumnos-de-la-udc-trasladan-las-clases-a-la-calle-en-protesta-por-la-ley-wert/gmx-niv14-con14198.htm

Minimizan a resposta social aos desfiuzamentos

desafiuzamento2
Luns, 18 de febreiro de 2013: Na Coruña prodúcese o intento de desafiuzamento de Aurelia Rey. Impideo unha enorme presión e apoio cidadán diante da mesma casa. Prodúcense graves incidentes, mesmo con agresións policiais a membros do BNG coruñés. Os propios bombeiros néganse a actuar, e un mesmo loce un cartel de “Stop desahucios”. No TX MEDIODÍA, a nova dase á media hora de iniciado o informativo, dun xeito completamente suave, sen citar incidentes nin dar referencia algunha á actitude dos bombeiros… Neses días, o PP (como agora) estaba especialmente empeñado en ignora-lo drama dos desafiuzamentos e as mobilizacións sociais contra eles.
desafiuzamento