Os presuntos corruptos do PP non teñen militancia, os do PSOE si

barbera campsgriñan chaves

 

Os informativos de Televisión de Galicia teñen unha maneira cando menos sospeitosa de engadir ou ocultar información nos casos de corrupción política. Se os implicados son dirixentes do Partido Popular, a militancia política non se especifica, pero os responsables dos telexornais nunca se lles escapa este dato informativo cando son dirixentes do PSOE. Seguir lendo

O sector crítico do PSdeG vigués triplica o tempo do caso Bárcenas

O sector crítico do PSdeG-PSOE en Vigo volve acaparar segundos e segundos do Telexornal. A Gonzalo Caballero non lle costa nada saír nos informativos da tele. Se fose alcalde, sería outro cantar.

O suposto financiamento ilegal do PPdeG segue sen ser noticia

Luns, 12 de agosto: Segundo El País, Bárcenas confirmoulle ao xuíz as doazóns opacas recibidas polo Partido Popular de Galicia en 2006, cando Alberto Núñez Feijóo era xa presidente do PP galego.