O “home de palla” de Bárcenas nas contas do PP

barcenas2 

Venres 31 de maio. O Telexornal serán emite en apenas 20 segundos e case ao final do programa, a noticia de que o xuiz Pablo Ruz “lle pide ao PP información sobre a súa conta de gastos de representación de 2004 a 2012”.

      En realidade, é unha RECLAMACIÓN PARA QUE FACENDA LLE REMITA AO XUIZ OS COBROS E PAGOS REALIZADOS POR TERCEIROS AO PP ENTRE 1990 E 2005, E INFORMACIÓN DAS OPERACIÓNS ECONÓMICAS DAS EMPRESAS QUE FIGURAN NOS PAPEIS DE BÁRCENAS COMO DOANTES DE DIÑEIRO AO PP.
 E, como engadido, o xuiz Ruz tamén pide tódo-los gastos de representación que o PP lle pagou aos seus cargos.
 Así se emitíu a noticia no Telexornal serán:
 Chama poderosamente a atención o parágrafo final, no que se di que “O xuiz Ruz tamén ordenou bloquear unha ducia de contas relacionadas con Bárcenas E O SEU HOME DE PALLA en bancos suizos”.
ESE HOME DE PALLA ten nome e apelidos: Luis Fraga Egusquiaguirre, íntimo amigo de Bárcenas, e SOBRIÑO DO FUNDADOR DO PP E EX-PRESIDENTE DA XUNTA, MANUEL FRAGA…
 A TVG oculta, dun xeito ridículo, unha evidencia moi clara que xa saíu en tódo-los medios de comunicación.