O Telexornal Serán pasou de puntillas pola contradictoria forma de actuar do PP en torno a quita para os propietarios de participacións preferentes. Votou en Madrid en contra da proposta do BNG para que os preferentistas recuperaran todo o seu diñeiro, mentres que en Galicia votou a favor.
Así se deu no informativo de TVG, que apenas deixa entrever esta contradicción.
Así se deu nos xornais de referencia de Galicia.
http://www.farodevigo.es/galicia/2013/05/29/pp-veta-congreso-anular-quitas/818620.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/28/galicia/1369771490_670200.html
TVG nin sequera se deu a noticia na portada do informativo.
O Telexornal Serán tampocuo informa do ocorrido o día 28 na bolsa de Madrid coas accións de Bankia. Os preferentistas desta entidade, obrigados a cambiar o seu diñeiro por accións, chegaron a perder o 75 por cento dos seus cartos.
Así o deron algúns dos xornais de referencia de España
http://economia.elpais.com/economia/2013/05/28/actualidad/1369725730_656793.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/27/economia/1369645327.html
TVG deu unha información de 22 segundos no Telexornal do Mediodía, e nada no da tarde.