Vicepresidenta á fuga

soraya

16 de outubro. A voceira socialista, Soraya Rodríguez, esixiulle no Pleno do Congreso unha rectificación e a petición de desculpas aos parados a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría. O pasado venrres dixo que había MEDIO MILLÓN DE PARADOS que cobraban prestación e traballaban EN B.

Seguir lendo

Veto do PP a Bárcenas no Congreso

Posada
3 de setembro 2013. Reunión da Xunta de Voceiros do Congreso dos Deputados. O PP utilizará a súa maioría absoluta para impedir calquera debate no pleno do Congreso que teña que ver co denominado “caso Bárcenas”, o financiamento irregular deste partido ou a comparecencia de Mariano Rajoy.

Ocúltase a iniciativa do BNG para cesar ao delegado do goberno

5371877w

 

O domingo 23 de xuño coñécese que o BNG presentou no Congreso dos deputados unha iniciativa para que o GOBERNO CENTRAL CESE AO DELEGADO DO GOBERNO EN GALICIA, SAMUEL JUÁREZ, POR “INCOMPETENCIA DEMOSTRADA PARA EXERCER O SEU CARGO” E POR “MANIFESTACIÓNS ANTIDEMOCRÁTICAS”. Seguir lendo

De puntillas pola contradicción do PP en torno ás preferentes

 protesta bankia

O Telexornal Serán pasou de puntillas pola contradictoria forma de actuar do PP en torno a quita para os propietarios de participacións preferentes. Votou en Madrid en contra da proposta do BNG para que os preferentistas recuperaran todo o seu diñeiro, mentres que en Galicia votou a favor.

Así se deu no informativo de TVG, que apenas deixa entrever esta contradicción.

http://www.crtvg.es/informativos/o-congreso-rexeita-a-devolucion-por-lei-dos-cartos-dos-preferentistas-595367

 

http://www.crtvg.es/informativos/o-parlamento-de-galicia-debatera-unha-iniciativa-lexislativa-contra-a-quitacion-a-pequenos-aforradores-595366

 

Así se deu nos xornais de referencia de Galicia.

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/05/28/pp-rechaza-tarde-congreso-propuesta-apoyo-manana-galicia/00031369760771388411984.htm

 

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/05/29/pp-veta-congreso-anular-quitas/818620.html

 

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/28/galicia/1369771490_670200.html

TVG nin sequera se deu a noticia na portada do informativo.

Ao día seguinte a contradicción entre o PP e o PPdeG aparece destacada nas portadas dos oito grandes xornais de Galicia como podedes apreciar neste enlace. En todas!!
Por qué no Telexornal non?

 PLENO DEL CONGRESO

O Telexornal Serán tampocuo informa do ocorrido o día 28 na bolsa de Madrid coas accións de Bankia.  Os preferentistas desta entidade, obrigados a cambiar o seu diñeiro por accións, chegaron a perder o 75 por cento dos seus cartos.

Así o deron algúns dos xornais de referencia de España

 

http://economia.elpais.com/economia/2013/05/28/actualidad/1369725730_656793.html

 

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/27/economia/1369645327.html

 

TVG deu unha información de 22 segundos no Telexornal do Mediodía, e nada no da tarde.

 

O PP volve “flirtear” co franquismo pero a TVG non di nada

PP-Rubalcaba-Congreso-venga-Madina_TINIMA20130424_0293_5

 

O martes 21 de maio, practicamente tódo-los medios de comunicación importantes en España dan a noticia que se produce no Congreso dos deputados: O PP REXEITA DECLARAR O DÍA 18 DE XULLO COMO “DÍA CONTRA O FRANQUISMO”.

A maioría absoluta do PP na Cámara impedíu que prosperase unha proposta de lei da esquerda plural, que pretendía que o 18 de xullo (o día que se producíu o levantamento militar que en 1936 iniciou a guerra civil) fose unha conmemoración contra a dictadura de Franco.

Votaron en contra os deputados do PP, e abstivéronse os de UPyD que lidera Rosa Díez:

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/21/espana/1369161408.html

http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/2366174/espana/el-pp-rechaza-en-solitario-declarar-el-18-de-j

http://www.europapress.es/nacional/noticia-pp-impide-declarar-18-julio-dia-condena-franquismo-20130521221612.html

http://politica.elpais.com/politica/2013/05/21/actualidad/1369158341_335846.html

Ata a web de RTVE:

E a TVG ???. NON OFRECEU NINGUNHA INFORMACIÓN AO RESPECTO.

Disensión no PP pola lei do aborto

índice

 

O voceiro adxunto do Grupo Popular no Congreso Rafael Hernando cuestionou a reforma da Lei do Aborto impulsada polo ministro de Xustiza, Alberto Rúiz-Gallardón. Nos Telexornais non se comentou nada. Si, en cambio, noutros medios.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/05/07/portavoz-pp-congreso-rechaza-reforma-aborto-gallardon/0003_201305G7P24992.htm

http://politica.elpais.com/politica/2013/05/06/actualidad/1367866667_964656.html

Demonización das protestas na rúa

índie

 

25 de abril. A Galega de xeito tendencioso informa da campaña de “Asedia o Congreso” remarcando insistentemente que era unha convocatoria violenta dende o plató e dende o punto de directo que se habilitou en Madrid para seguir a protesta  con frases coma:

“A plataforma Ponte en pé quería unha mobilización violenta e distribuiu pola internet todo tipo de recomendacións para a confrontación cas forzas de seguridade”.

Mentres na información destacábase que a protesta era pacífica polos mesmos manifestantes.

http://www.crtvg.es/informativos/un-milleiro-de-persoas-asedian-o-congreso-574501

Aquí están as crónicas das edicións dixitais das cabeceiras nacionais para ver as súas crónicas.

http://www.abc.es/espana/20130425/abci-asedio-congreso-201304252258.html

http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/2024235/portada/la-democracia-gana-al-desafio-de-los-violentos#.UXoZm5gpmNM

http://www.elmundo.es/blogs/elmundo/latrinchera/2013/04/26/dentro-del-asedio-del-congreso.html

http://elpais.com/tag/manifestacion_25_abril_2013/a/Mentres

http://www.publico.es/454371/el-25-a-no-cumple-sus-expectativas-y-termina-en-enfrentamientos