12 de decembro. A Audiencia Provincial de Baleares condenou o expresidente do Govern Jaume Matas por un delito de suborno, a unha multa total de 9.000 euros e ao comiso dos 42.111 euros que recibiu como regalo a través da contratación ficticia da súa muller por parte dun coñecido hoteleiro mallorquino.
Arquivo por etiquetas: Condena
Sen reaccións á petición de indulto de Jaume Matas
Os telexornais do 11 de decembro non recolleron as reaccións políticas suscitadas pola petición de indulto do ex presidente balear e ex ministro do PP, Jaume Matas para non entrar en prisión. O político acumula dúas condenas polo caso Palma Arena e ten pendentes numerosos procesos xudiciais.
Pouco Fabra para non empachar
26 de novembro. Coñecíamos a reacción de Carlos Fabra á súa condena de catro anos de cárcere. O expresidente da Deputación de Castellón , en rolda de prensa, dicía que non tiña medo a ir á cadea, que facía anos que se afeitaba.
A condena de Fabra en 30 segundos…
Luns 25 de novembro. Contra o mediodía, ás doce, coñécese que Carlos Fabra acaba de ser condeado a catro anos de cárcere por defraudar case 700 mil euros, 693 mil exactamente, cartos que non declarou entre 1999 e 2003.
E a condena ao goberno municipal do PP na Coruña ??
Martes 19 de novembro. O goberno municipal do concello de A Coruña (PP) é condenado por ocultar dúas auditorías – unha económica e outra ambiental – sobre a pranta de reciclaxe de residuos de Nostián.
Sen información do concelleiro do PP condenado por contrabando na Illa
14 de novembro. O Xulgado do Penal número 1 de Santiago condenou a Valentín Oubiña Mariño, concelleiro do PP da Illa de Arousa, a un ano de prisión e ao pagamento dunha multa de 19.592 euros como autor responsable dun delito de contrabando.
Nada sobre a condena ao ex-alcalde de Cesuras do PP
O ex-alcalde de Cesuras, Julián Lucas (PP), demitíu a principios do mes de maio -en pleno proceso de fusión do seu concello co de Oza dos Ríos- alegando “cansanzo” e motivos persoais.
Este martes 28 do mesmo mes, acaba de coñecerse que a súa demisión debeuse a que FOI CONDENADO POR UNHA ESTAFA INMOBILIARIA, CON SENTENZA DE 1 ANO DE PRISIÓN. Lucas e outro socio estafaron a un mozo na venda dunha vivenda, segundo o auto xudicial “CON ÁNIMO DE ILÍCITO ENRIQUECEMENTO”.
Así o destacan varios medios de comunicación:
http://www.eldiario.es/politica/alcalde-Cesuras-condenado-estafa-venta_0_136837029.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/28/galicia/1369732831_722548.html
O Telexornal mediodía deste martes 28 de maio NON DA ABSOLUTAMENTE NINGUNHA INFORMACIÓN, a pesar de que o protagonista foi noticia habitual e extensa cando se negociaba a fusión de Cesuras e de Oza.
Debe estar conectado para enviar un comentario.