Onde estás Conde Roa?

conde roa

30 outubro. A axencia Europa Press publica as 19:00. O exacalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, atópase á espera de sentenza tras celebrarse o pasado venres na capital galega o seu xuízo por suposto fraude fiscal ao non aboar 291.000 euros do IVE pola venda de 61 vivendas en 2010 que fixo a promotora da que era administrador. Fontes xudiciais confirmaron a Europa Press que a vista se celebrou o pasado venres no Xulgado do Penal Número 1 de Santiago.

Seguir lendo

Imputación de Conde Roa

       Conde RoaO 4 de marzo de 2013 Conde Roa, declarou durante sete horas  en Lugo, abandonando o xulgado as 20:30. Na información que se deu no Telexornal Serán afirmábase que “podería” ser imputado por prevaricación e suborno, cando un teletipo da axencia Europa Press das 20:49 xa confirmaba a súa imputación por prevaricación, suborno e tráfico de influencias. O informativo comezou ás 20:58 e ten unha duración de 47 minutos, en todo ese tempo non se confirmou o a imputación. Tampouco se fixo referencia a que o ex alcalde de Santiago pertence o Partido Popular.

http://www.crtvg.es/informativos/declara-conde-roa-como-imputado-na-operacion-manga-542145