A Xunta aproba a fusión Oza-Cesuras… pero segue a polémica

O xoves 6 de xuño, a Xunta aproba o decreto de fusión dos concellos coruñeses de Oza dos Ríos e Cesuras, e os Telexornais mediodía e serán da TVG destacan especialmente a noticia, con declaracións do presidente da Xunta que resaltan o feito TOTALMENTE EN POSITIVO:

http://www.crtvg.es/informativos/a-xunta-aproba-o-decreto-de-fusion-voluntaria-de-oza-cesuras-602034

http://www.crtvg.es/informativos/feijoo-cualifica-de-historica-a-fusion-oza-cesuras-e-avanza-que-outros-estudan-unirse-602510

Neste blog XA DENUNCIAMOS VARIAS VECES que o proceso desta fusión estivo salpicado de irregularidades (nunca comentadas nos Telexornais) e a oposición (de partidos e veciños) foi silenciada sistematicamente nos informativos da TVG. Lembrar que tanto en Oza como en Cesuras goberna o PP.

E para non reiterarnos no mesmo outra vez, PUBLICAMOS UN ESCRITO QUE NOS ENVÍA A CONCELLEIRA DE CESURAS EVA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, SOBRE A FUSIÓN E SOBRE AS INFORMACIÓNS DOS TELEXORNAIS DESTE 6 DE XUÑO:

“Son concelleira da oposición no recén “fusionado” concello de Cesuras. Acabo de ver a emisión no telexornal da nova e ofrecedes información sesgada, enganosa e incluso mentiras !!.

A gardería non é un premio á fusión, xa estaba aprobada de antes e ademáis con financiamento estatal.

Por que non se falou nada de que un dos alcaldes, concretamente o de Cesuras, dimitíu o mes pasado tras publicarse a súa “actividade” urbanística ??. E mesmo que na semana pasada se publicou que foi condenado por estafa a un ano de cárcere e inhabilitado para sufraxio pasivo ??.

Tamén está inhabilitado para exercer cargo público o ex-alcalde de Oza Ramón Peón dende antes de que se celebraran os plenos de aprobación da fusión. Tampouco se falou nada da controversia legal respecto á necesidade de votos necesarios para a aprobación da fusión nos plenos de Cesuras e Oza…”

É o texto íntegro, transcrito literalmente, de EVA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, concelleira de Cesuras.

Este blog busca eliminar por completo a manipulación informativa na TVG, pero tamén pode reflectir as distintas opinións e sensibilidades que xurdan nalgúns asuntos.

Pola importancia deste, facémonos eco do comentario da edil Eva Rodríguez (como parte interesada e coñecedora da fusión Oza – Cesuras). Se alguén -cunha responsabilidade similar á dela- está en contra do que opina, pódenos facer chegar a versión que considere oportuna.

Nesta dirección de correo podedes poñervos en contacto con nós:eunonmanipulo@gmail.com

Coidemos aos “concellos amigos”

Venres, 12 de abril: O alcalde de Salceda de Caselas e os seus cinco concelleiros abandonan o BNG. A nova coméntase no Telexornal Serán dese día e trátase nos Telexornais do día seguinte,

Martes, 22 de xaneiro: Seis edís, desta volta do concello de Ames, deixan o seu partido. A nova non se trata nos principais Telexornais (si no informativo local de Santiago). Quizais porqué o partido en cuestión é o PP? Quizáis porqué ao abandonalo deixan en minoria ao alcalde, Santiago Amor, desde aquel día nunha delicada situación política?
A única referencia nos principais Telexornais é unha pequena declaración do presidente Feijóo tras un consello da Xunta, dous días despois.
A principios de abril, os concelleiros escindidos, que mesmo xa formaron o seu partido, uniron os seus votos ao PSdeG para reprobar ao alcalde.
A nova tampouco aparece nos principais Telexornais. Só no local de Santiago.
Luns, 21 de xaneiro: o grupo municipal do PP de Pontevedra salta polos aires tras a dimisión de tres concelleiros.
Os principais Telexornais eluden falar do tema.