O venres 15, o PS de G-PSOE e o BNG reclaman a comparecencia do alcalde de Cea, José Luis Valladares (PP); do presidente provincial do PP, José Manuel Baltar; e do líder galego do PP e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para que expliquen a súa relación coa rede de fraude fiscal destapada polo responsable do grupo empresarial “5 Jotas”, José Manuel Costas.