Creando conflito entre a esquerda galeguista

20121112132933_FranciscoJorquera14jpg

 

O domingo 10 de novembro, os informativos da TVG ofrecen unha mostra máis de partidismo e manipulación no tratamento das noticias.

O Telexornal mediodía emite unhas declaracións do voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, feitas na Radio galega, seica para “XUSTIFICAR” a alianza de cara ás eleccións europeas con Amaiur e ERC, case como culpabilizando xa de antemán ao Bloque por ir a eses comicios en coalición cos nacionalistas vascos e cataláns:

http://www.crtvg.es/informativos/jorquera-xustifica-a-alianza-con-amaiur-e-erc-para-concorrer-as-eleccions-europeas-696935

Pero ese mesmo día, pola tarde no Telexornal serán, os responsables cambian a estratexia “ofensiva”; emiten un inserto (declaración) do propio Jorquera que nada ten que ver co do mediodía. Nesta ocasión inclúese o momento no que o voceiro parlamentario do BNG lle pide a AGE “reflexión” pola situación do deputado Fernández Calviño:

http://www.crtvg.es/informativos/jorquera-pidelle-a-age-que-reflexione-sobre-a-situacion-do-deputado-fernandez-calvino-696993

 

2012-10-16_IMG_2012-10-09_01.55.19__bueno-politica-solo-quede-sota-caballo-rey1

 E “aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid”, o mesmo Telexornal serán emite de seguido a opinión de Compromiso por Galicia sobre o asunto, xerando máis polémica ao redor do deputado de AGE:

            É curioso que se cambie o criterio de selección dun Telexornal a outro co mesmo protagonista (Jorquera), e aínda máis que se lle dea “cancha” a Compromiso por Galicia, cando esta formación apenas aparece na TVG. Será porque nesta oportunidade critica a AGE, unha forza de esquerdas e tamén de compoñente galeguista… ???

Unha nova denuncia de eunonmanipulo chega ó Parlamento

parla

 

A finais da pasada semana, Compromiso por Galicia (CxG) denunciou no Parlamento de Galicia o ocultamento informativo da TVG.

O escrito da formación política denunciaba que ningún informativo da canle autonómica recolleu a denuncia presentada por CxG ante a fiscalía para que investigase o presunto financiamento irregular do Partido Popular de Galicia.

Xa no seu día, eunonmanipulo denunciou públicamente a ocultación da noticia.

https://eunonmanipulo.wordpress.com/tag/compromiso-por-galicia/

Ocultando a petición para investigar as contas do PP de Galicia

O venres 23 prodúcese unha das noticias políticas de maior alcance en Galicia neste mes de agosto; “Compromiso por Galicia” pídelle á Fiscalía que investigue a suposta contabilidade “B” do PP de Galicia desde 2006, cando Alberto Núñez Feijoo chegou á dirección.

Seguir lendo