Ou te operas fóra ou pasa a túa quenda

cospe

        6 de febreiro.  Varios medios aseguran que o Goberno autonómico de Castela-A Mancha está a desviar pacientes que teñen que ser intervidos a clínicas privadas da Comunidade de Madrid e da Comunidade Valenciana para que sexan operados e alixeirar así as listas de espera que existen na rexión gobernada por María Dolores de Cospedal. A Consellaría de Sanidade xustifica eses traslados porque permiten aforrar diñeiro.

Seguir lendo

Ex secretario de Sanidade do PP asesora unha empresa a que adxudicou 36 millóns

benito

12 de decembro. José Miguel Benito Notario deixou o seu cargo como secretario xeral de Sanidade de Castela-A Mancha o pasado mes de xaneiro para volver ao bufete de avogados que dirixe e fundou en Madrid. Oito semanas despois do seu cesamento, tal e como apunta a Cadena Ser, Benito Notario foi contratado pola empresa CLECE á que adxudicara contratos durante o seu cargo na administración de María Dolores de Cospedal, por valor de 36,5 millóns de euros.

Seguir lendo

A TVG non lle presta atención á sanidade manchega

Xoves, 5 de decembro: A muller dun político do Partido Popular, e conselleiro do goberno de María Dolores de Cospedal, saltouse a lista de espera do hospital de Albacete para ser operada dunha hernia discal.

Seguir lendo

Unha comisión de 200 MIL euros, en 10 segundos

receta.jpg  ruz.jpg

11 de outubro. O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz imputou ao xerente do PP de Castela a Mancha, José Ángel Cañas, polo suposto cobramento dunha comisión de 200.000 euros pola adxudicación dos servizos de limpeza de Toledo a unha filial de Sacyr.

Seguir lendo

A austeridade de Cospedal

cospedal family

 

9 de outubro. A empresa de asesoramento inmobiliario de Ignacio López del Hierro, Hilo Inversiones S. L., multiplicou os seus ingresos por 13,9 no ano 2011, data na que María Dolores de Cospedal, esposa de López del Hierro, chegou á presidencia de Castela-A Mancha, segundo informa o diario Infolibre.

Seguir lendo