O programa “Foro aberto”, que presenta o nada sospeitoso Carlos Luis Rodríguez, comeza o mércores 15 de maio falando da sesión do Parlamento de Galicia celebrada ese mesmo día.
Tra-lo saúdo inicial, o presentador di textualmente: “NORMALIDADE entre comiñas (fai o xesto a cámara) no Parlamento galego: Beiras volve insultar ao presidente da Xunta” (minuto 00’17”).
No minuto 1’36”, Carlos Luis Rodríguez volve sobre o asunto dicindo: “como sempre, Beiras tivo un papel protagonista porque co micrófono pechado acusou ao presidente de ser un chulo de barra americana”… pero o que entra a continuación, É UN VIDEO DO ENFRONTAMENTO VERBAL ENTRE YOLANDA DÍAZ E FEIJOO sobre as facturas e contratos da Xunta coas empresas do narcotraficante Marcial Dorado.
Pero o máis grave ocorre no MINUTO 6’04” de programa. Falando con Carlos Aymerich sobre o caso de Beiras, CARLOS LUIS RODRÍGUEZ DI QUE… “SE CADRA TEN UN COÑECEMENTO CABAL DESE TIPO DE LOCAIS” (cita textual)… unha alusión inaxeitada, miserable e totalmente fora de lugar nun espazo informativo público da Televisión de Galicia.
Debe estar conectado para enviar un comentario.