Máis de 3.600 galegos viven na rúa en condicións precarias, segundo os datos divulgados por Cáritas Diocesana este mércores nunha rolda de prensa en Santiago de Compostela.
Arquivo por etiquetas: Cáritas
O aval do valedor a Cáritas non é noticia
O Valedor do Pobo defendeu hoxe, 1 de abril, o informe de Cáritas que di que máis dun 20 por cento dos nenos galegos viven en situación de pobreza. José Julio Fernández deu “credibilidade” a eses datos, e saiu así ao paso das polémicas declaracións do ministro de Facenda, Cristobal Montoro, que dixo que as cifras da organización non gubernamental, vencellada á igrexa católica, non se corresponden coa realidade.
Así recollían hoxe algúns dos principais medios galegos as declaracións do valedor.
O telexornais da TVG non consideraron de interese a opinión do Valedor do Pobo, nin o anuncio de que ten en marcha unha investigación relacionada coa malnutrición infantil na comunidade galega. Ao mediodía axustaronse ao informe anual da institución.
Seguindo a corrente dos gobernos de Rajoy e de Feijóo, os informativos da Galega prefiren subliñar noticias en positivo da situación macroeconómica e esconder a realidade dos desfavorecidos.
Os terribles datos da pobreza en Galicia non existen
O martes 11 de marzo, Cáritas española divulga os datos sobre a pobreza, que ofrecen un panorama desolador, sobre todo en Galicia.
O informe sinala que na comunidade galega a pobreza infantil pasou dun 16,9% en 2007 a un 22,2% en 2012.
En 30.000 fogares non hai ningún tipo de ingresos, e o dato máis arrepiante é que unhas 465.000 persoas viven en Galicia baixo o umbral da pobreza.
Debe estar conectado para enviar un comentario.