El pesebre valenciano del PP, por Julià Álvaro, xornalista de Canal 9

Con motivo das 100.000 visitas ao noso blog iniciamos hoxe a publicación dunha serie de colaboracións sobre a manipulación xornalística, o uso gubernamental dos medios públicos e o entreguismo político dalgúns profesionais da información. O primeiro artigo é dun compañeiro de Canal 9, Julià Álvaro, a quen lle queremos agradecer especialmente a súa colaboración con Eunonmanipulo. A finais de decembro mandounos o seguinte texto que semella retratar o que estamos vivindo na TVG desde hai anos.

Seguir lendo

Canal 9, o servizo público e os “carroñeiros”

        
Este blog naceu e desenvólvese coa finalidade de defender o servizo público da CRTVG e, en consecuencia, a veracidade informativa, a pluralidade, a neutralidade e, en definitiva, a dignidade e honestidade coa que debemos tratar e dirixirnos á cidadanía galega.

           E como ese debe ser o obxectivo de todos os medios públicos, DESDE AQUÍ MOSTRAMOS A TOTAL SOLIDARIEDADE COS COMPAÑEIROS DE CANAL 9 (os que están agora e, por suposto, os expulsados polo ERE), QUE SE VEN AFECTADOS DUN XEITO TERRIBLE POLA PÉSIMA XESTIÓN E O SERVILISMO POLÍTICO DOS SEUS DIRIXENTES, E POLAS CORRUPTELAS ECONÓMICAS DOS POLÍTICOS NA COMUNIDADE VALENCIANA.

Seguir lendo