24 de xaneiro. Un grupo de preferentistas intentou agredir a Miguel Blesa á súa saída dos xulgados de Praza de Castela. Con berros e empurróns pedíronlle que lles devolva o seu diñeiro. O expresidente de Caixa Madrid tivo que ser escoltado por antidisturbios.
Arquivo por etiquetas: Caja Madrid
Sen noticias de Blesa
21 de xaneiro. O expresidente de Caja Madrid Miguel Blesa pediu ao maxistrado da Audiencia Nacional Fernando Andreu que non incorpore á causa que investiga á directiva da entidade polas preferentes os seus correos corporativos difundidos por varios medios e redactados polo propio Blesa cando se encontraba á fronte da entidade.
Os tratos de favor de Blesa non se dan
27 de decembro. Público informa de que o director de Negocio de Caja Madrid Matías Amat informou por correo electrónico o 22 de outubro de 2008 ao entón presidente da entidade, Miguel Blesa, que Gerardo Díaz Ferrán incumprira o contrato dos préstamos recibidos en 2004 e 2005 para Seguros Mercurio.
Gallardón e os tratos de favor en Caja Madrid
23 de decembro. O actual ministro de Xustiza, Alberto Ruiz- Gallardón, apoiou cando era alcalde de Madrid a continuidade de Miguel Blesa en Caja Madrid e intercedeu en favor de empresarios e executivos para que obtivesen bo trato na entidade financeira.
30 segundos para os correos de Blesa: tratos de favor, facturas do PP, enfrontamentos con Esperanza Aguirre
14 de decembro. Segue a treboada informativa que xurdíu a través da publicación dos correos de Miguel Blesa, ex presidente de Caja Madrid e amigo persoal de Aznar.
Neles pódese ver os seus tratos de favor a familiares e amigos, e os enfrontamentos con Esperanza Aguirre. Tamén os seus movementos para controlar Iberia e a súa aposta por British Airways para facerse coa compañía española, que os conselleiros da caixa tiña tarxetas “en negro” ou facturas do PP.
Polo caso Blesa de puntillas, o xuíz Elpidio Silva silenciado
12 de decembro. A Audiencia Nacional avalou investigar a Miguel Blesa, expresidente de Cajamadrid, e outros exconselleiros da entidade, entre eles ao expresidente da patronal CEOE, Gerardo Díaz Ferrán, por “planificar” a emisión de participacións preferentes.
Un redactor xefe manipula unha información sobre o PP e Blesa
Non hai nada máis feo, nin exemplo máis tosco de manipulación que un redactor xefe sexa o que manipule a información dun xornalista sen miramento ningún e deixando rastro descarado da súa acción. O último exemplo ocorreu no Telexornal Mediodía do xoves 23 de maio.
A información elaborada pola xornalista era literalmente a seguinte:
Polémica tras unha información publicada no portal dixital “Info Libre” onde se asegura que o PP lle pagou seiscentos mil euros a Miguel Blesa entre 1999 e 2006, cando era presidente de Caja Madrid.
Remítese a pagamentos por tarefas de asesoramento, que aparecen na contabilidade oficial do partido. Di que algúns serían ilegais porque desde 2003 a Lei de caixas prohibe que os seus presidentes fagan traballos remunerados fóra das entidades.
O Partido Popular xa negou esta información nun comunicado.
Minutos antes de ser emitida a noticia, un redactor xefe variou considerablemente a información desde o seu ordenador para darlle prioridade ó comunicado do Partido Popular. A noticia emitiuse así:
O Partido Popular nega que lle pagara seiscentos mil euros a Miguel Blesa entre 1999 e 2006, cando era presidente de Caja Madrid, tal e como publica hoxe o xornal Infolibre.
O PP di que se trata de pagamentos por tarefas de asesoramento, que así figuran na contabilidade oficial do partido. O xornal que algúns serían ilegais porque desde 2003 a Lei de caixas prohibe que os seus presidentes fagan traballos remunerados fóra das entidades.
Podédela escoitar neste enlace (por certo, notade como o “corta-pega” do redactor xefe fai que o presentador do Telexornal se trabuque. O autor da manipulación borrou un verbo que fixo inintelixible a derradeira frase).
http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-nega-que-lle-pagase-600-000-euros-a-miguel-blesa-591563
Para que vexades as distintas varas de medir e as intencións dos amigos da manipulación. Un minuto despois emítese esta información.
O comunicado que emitiu esa mesma mañá a ex-alcaldesa, no que lle botaba a culpa ó colapso financeiro do concello de Xerez, debería ir ao principio da información segundo o criterio empregado na noticia anterior. Non foi así. Claro, a política é do partido socialista.
Debe estar conectado para enviar un comentario.