Mércores, 29 de maio: dous homes convértense no primeiro matrimonio homosexual de Francia. A voda chega despois dun proceso de gran crispación social e de manifestacións a favor e en contra, estas últimas alentadas pola Igrexa católica e a extrema dereita.
Durante todo ese proceso, desde a aprobación da lei ata as manifestacións, a Televisión de Galicia ofreceu cumprida información sobre todo o que ocorría no Parlamento e nas rúas de Francia, como podedes apreciar nestes enlaces.
Pero cando chega a hora da verdade, a TVG non ofrece a imaxe que si aparece en case todos os medios: a duns felices noivos tras o histórico enlace.
Debe estar conectado para enviar un comentario.