Eunonmanipulo queda para este martes en El Intermedio

cropped-sin-tc3adtulo-color-real-018

                   Como profesionais da Televisión e da Radio, sabemos mellor que ninguén o que significa o tempo nas emisións destes medios. E o típico tópico cumpríuse este luns en “El Intermedio”. Ían cargados de asuntos (sobre todo a comparecencia da Infanta e os premios Goya), e a análise da manipulación informativa na TVG queda para o programa do martes 11. Seguir lendo

O top-ten de eunonmanipulo tras 75.000 visitas!

 

cropped-sin-tc3adtulo-color-real-018

Sete meses de vida, 465 artigos e 75.000 visitas a un blog que naceu con ánimo de denunciar a falta de compromiso coa veracidade, a imparcialidade e a pluralidade dos informativos da Televisión de Galicia.

Os que destacamos a continuación son os 10 artigos máis lidos da nosa bitácora: eunonmanipulo@wordpress.com Seguir lendo

Superamos as 30.000 visitas!!!!

cropped-cropped-004.jpg

 

Esta fin de semana superamos as 30.000 visitas no noso blog eunonmanipulo.wordpress.com

Só a semana pasada houbo máis de 5.000 visitas. Queremos agradecérvolo e reiterar que estamos á vosa disposición para que suxirades, critiquedes ou denunciedes o que estimedes oportuno no correo electrónico: eunonmanipulo@gmail.com

Podédesnos seguir en facebook e twitter.

Participa, denuncia, critica, suxire: eunonmanipulo@gmail.com

cropped-cropped-004.jpg

 

Lembrade que todos aqueles/as que queiran denunciar unha práctica de manipulación informativa na Televisión de Galicia ou na Radio Galega de forma anónima e confidencial poden dirixirse a este blog a través da seguinte dirección de correo: eunonmanipulo@gmail.com

A denuncia será contrastada e, se procede, denunciada a través do blog e das redes sociais.

Asimesmo, lembrade que podedes facer comentarios, críticas, loubanzas ou suxestións no noso blog. Só tedes que deixar o voso comentario debaixo de artigo que consideredes oportuno.

Moitas grazas pola vosa colaboración en prol dunha verdadeira e necesaria televisión pública de Galicia.

Participa no noso blog: denuncia, suxire, critica

Queremos agradecervos o seguimento que lle estades facendo ó noso blog: 21.000 visitas en 45 días. Lembrámosvos que poñemos á vosa disposición un correo electrónico para calquera suxerencia, comentario, crítica ou eloxio que nos queirades achegar, e, por suposto, para denunciar, salvagardando o anonimato, a manipulación informativa que detectedes ou sufrades:

eunonmanipulo@gmail.com