O ex-xerente do PP de Ourense nos telexornais ? non, grazas

unnamed (1)

Desde que o xoves 20 de novembro se coñeceu o posible financiamento ilegal do PP de Ourense, os informativos da TVG só se fixeron eco en todo momento das declaracións “oficiais” dos dirixentes do partido, silenciando por completo a opinión do home que denunciou a suposta corrupción: o que foi xerente do PP provincial durante 27 anos, Emilio Pascual.

Seguir lendo

Nin sequera citan a Besteiro

568233

 

O luns 7 de outubro desenvólvese en Monforte unha xuntanza entre os presidentes das deputacións de Lugo e Ourense, Xosé Ramón Gómez Besteiro e José Manuel Baltar, para impulsar iniciativas e conseguir que a Ribeira sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade.

Seguir lendo

Ocultando os conflictos no PP

baltar-acallar.jpg

4 de xullo. Baltar intenta acalar o rumor da volta de Isaac Vila cunha foto xunto ao seu rival.

Especulouse coa volta do exsenador e exalcalde de Xinzo, inhabilitado nos noventa por tráfico de influencias. O presidente do PP de Ourense convocou os medios para anunciar o contrario: “Quero desmentir categoricamente a presunta volta de Isaac Vila á política”. As rodas políticas rumorean dende hai semanas unha presunta volta de Vila, situándoo mesmo en formacións políticas alleas ao Partido Popular.

Varios medios recollen a información.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/07/05/baltar-acallar-rumor-vuelta-isaac/840573.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/07/05/isaac-vila-antonio-perez-pactan-ante-baltar-armisticio-xinzo/0003_201307O5C9993.htm

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/04/galicia/1372943409_990038.html

A Galega non.

Non importa que rexeiten o ERE na Deputación de Ourense

952_mg_5655

 

O venres 3 de maio, o Tribunal superior de xustiza de Galicia REXEITA o despido colectivo de 25 traballadores na Deputación de Ourense.

A presentación do ERE (o primeiro promovido desde unha Administración en Galicia), xa desatara numerosas críticas contra o presidente Xosé Manuel Baltar (PP), porque mentres aplicaba o despido, seguía metendo na Deputación a xente afín ao PP, daba subvencións “a dedo” e contrataba asesores con soldos moi elevados…

O Tribunal superior de xustiza de Galicia declarou “non axustado a dereito” o citado ERE (Expediente de regulación de emprego).

 http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/03/galicia/1367575965_108399.html

 http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/03/espana/1367588000.html

 http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/tsxg-declara-no-ajustado-derecho-ere-diputacion-ourense/idEdicion-2013-05-03/idNoticia-804752/

 A pesar da importancia da decisión do TSXG, o Telexornal mediodía da TVG relega a noticia cara ao final do informativo, e danse só uns 20 segundos, dun xeito bastante confuso e sen destacar en ningún intre que o fallo é un varapau contra o presidente Baltar e os seus métodos.

    http://www.crtvg.es/informativos/o-tsxg-declara-parcialmente-nulo-o-ere-da-deputacion-de-ourense-579330

 Eso si… despois deste “mísero” video sobre a sentenza, emítense unhas declaracións do propio Baltar dicindo que aínda poden recorre-lo fallo… O malo do/ou para o PP non se cita, pero sempre se da a “defensa” que fan os seus representantes…

Escándalos que non interesan

portada

O diario El País publica o 22 de abril que o Partido Popular empregou empresas tapadeira antes do Gürtel para financiarse.

http://politica.elpais.com/politica/2013/04/21/actualidad/1366564587_226842.html

Tamén fala do patrimonio do ex-presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luis Baltar, que fora do Partido Popular.

http://politica.elpais.com/politica/2013/04/21/actualidad/1366571205_520315.html

El Mundo publica que Luis Bárcenas, o ex tesoureiro do PP, pagou 10.000 euros ó mes a un dos homes fortes do partido, Álvarez Cascos, nos anos 94, 95 e 96.

el mundo pago bárcenas
De todo isto na Galega unha breve información que pouco pasa dos 30 segundos, na que non se fai referencia algunha ó ex presidente da Deputación de Ourense.

Baltar imputado por prevaricación

baltar

Venrres 12 de abril. A nova saiu as 13:47 do mediodía. De inmediato foi portada en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Faro de Vigo e La Región. A TVG fixo un información de 28 segundos non Telexornal Mediodía e por suposto nin mención a que e do PP.

http://www.crtvg.es/informativos/o-ex-presidente-da-deputacion-sera-xulgado-por-prevaricacion-566246

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/04/12/juez-imputa-baltar-delito-continuado-prevaricacion/790094.html

http://www.laregion.es/noticia/249944/juez/imputa/jose/luis/baltar/delito/continuado/prevaricacion/

http://elprogreso.galiciae.com/nova/243683-baltar-pumar-imputado-prevaricacion

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/juez-imputa-baltar-pumar-un-delito-continuado-prevaricacion/idEdicion-2013-04-12/idNoticia-801113/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/04/12/juez-vincula-supuestos-enchufes-baltar-congreso-pp-gano-hijo/0003_2013041365771955476622.htm

http://www.abc.es/local-galicia/20130412/abci-baltar-imputado-delito-prevaricacion-201304121353.html

No informativo do Serán si se elaborou un video explicando a imputación.