21 de xaneiro. O expresidente de Caja Madrid Miguel Blesa pediu ao maxistrado da Audiencia Nacional Fernando Andreu que non incorpore á causa que investiga á directiva da entidade polas preferentes os seus correos corporativos difundidos por varios medios e redactados polo propio Blesa cando se encontraba á fronte da entidade.
Arquivo por etiquetas: Audiencia
Polo caso Blesa de puntillas, o xuíz Elpidio Silva silenciado
12 de decembro. A Audiencia Nacional avalou investigar a Miguel Blesa, expresidente de Cajamadrid, e outros exconselleiros da entidade, entre eles ao expresidente da patronal CEOE, Gerardo Díaz Ferrán, por “planificar” a emisión de participacións preferentes.
Atención: O Papa libera dúas pombas
O Telexornal serán do mércores 15 de maio ofrece UNHA NOVA DE ENORME IMPORTANCIA E TRASCENDENCIA para a humanidade: O PAPA LIBERA DÚAS POMBAS durante a audiencia que mantén cos fieis no Vaticano…
Non menos importante que as imaxes é o texto que le a presentadora do informativo.
Entre outras cousas, di que o Papa “BICOU A NENOS E ENFERMOS (non se ve ningún caso), E ANIMOU A NON SER RELATIVISTAS E BUSCA-LA VERDADE CON MAIÚSCULAS” (sic).
Como diría o outro: ver para crer !!!.
O debate sobre o estado da manipulación
A caída de audiencia e os exemplos de manipulación informativa denunciados por este blog desde a súa creación hai case un mes foron asuntos de debate na comisión de control da CRTVG, celebrada no Parlamento.
Non busquedes nos Telexornais. Omitiuse o debate.
Así se informou na web da CRTVG. Destácase a oferta infantil e xuvenil da programación e non hai ninguna referencia ás gravísimas acusacións de manipulación informativa e ao retroceso en audiencia, nin ás explicacións ofrecidas polo director xeral.
Contra a mala xestión e os manipuladores… NUNCA CONTRA A TVG
O sábado pasado (20 de abril) houbo unha xuntanza da Directora da TVG con responsables dos programas informativos e cos delegados nos distintos puntos da comunidade.
Parece ser que nos últimos meses a audiencia está baixando notablemente, e xa hai unhas semanas a Directora de Informativos xuntou aos coordenadores e editores para pedirlles cambios na elaboración de novas, entrevistas, personalizacións (aparicións en imaxe) dos xornalistas… e outros matices.
Basicamente, Rosa Vilas incidíu neso mesmo: coida-las informacións, aportar ideas, destacalo importante e descartalo accesorio… e remar todos no mesmo enderezo, para que non haxa dúbidas sobre a necesidade da TVG no noso pais.
Polas referencias que temos desa xuntanza, en ningún momento se fai AUTOCRÍTICA por parte da Dirección da TVG, NIN SE DESTACAN OS VERDADEIROS MALES DA EMPRESA (especialmente no departamento de Informativos), como poden sela manipulación, a falta de competencia e nivel profesional de moitos dos responsables, e o nulo estímulo que padecen a meirande parte dos traballadores, sobre todo na redacción.
Tamén resulta vergoñento que se compare aos xefes cos simples traballadores, e se lles pida A TODOS, OCUPEN O LUGAR QUE OCUPEN, a mesma responsabilidade…
Sen entrar a valorar que agora mesmo en Informativos só gozan de prebendas (de cargos e económicas) os amigos/as da Dirección, os/as que están comprometidos/as ideoloxicamente co PP, e os/as serviles que escriben “ao dictado”, detéctase unha clara alusión á xente que -como a que elabora este blog- non é colaboracionista coa liña informativa que se segue, e denuncia as irregularidades que se cometen a diario nos espazos informativos da TVG.
Desde aquí queremos RESALTAR e DESTACAR que este blog só naceu e desenvólvese para conseguir que dunha vez por todas se faga o CONSELLO DE INFORMATIVOS, que vele pola honestidade e a decencia informativas, e tamén para demostrar onde e cómo fallan os plantexamentos xornalísticos nos Telexornais e outros espazos.
Pero NUNCA… repetimos: NUNCA vai contra a empresa (que tanto necesita Galicia en tódolos sentidos), nin contra o SERVIZO PÚBLICO, nin moito menos CONTRA OS COMPAÑEIROS/AS que tódolos días fan o seu traballo da mellor maneira posible.
Este humilde blog vai dirixido contra aqueles que, deixándose levar polo seu ideario persoal, ou por manter privilexios (sobre todo económicos) que por valía profesional nunca poderían conseguir, denigran Galicia, aos galegos/as e á TVG. Estamos e estaremos sempre contra eso, para sentírmonos orgullosos de ser XORNALISTAS.
Dúas horas en 25 segundos
En 25 segundos se despachaba no Telexornal Serán a comparecencia de dúas horas de Ángel Sanchís, ex tesoureiro popular ente 1982 e 1987, diante do xuíz Ruz para explicar a súa relación con Luís Bárcenas. Foi o 10 de abril de 2013.
http://politica.elpais.com/politica/2013/04/10/actualidad/1365625626_431449.html
http://www.abc.es/espana/20130410/abci-sanchis-declaracion-barcenas-201304101916.html
http://www.telecinco.es/informativos/nacional/Ruz-Angel-Sanchis-Barcenas-Suiza_0_1586025025.html
Debe estar conectado para enviar un comentario.