Aborto legal por dano psicolóxico, TVG non se fai eco

  gallardon-1

O Telexornal Mediodía non recolleu hoxe as novas declaracións do ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, sobre a futura lei do aborto. Gallardón anunciou que se vai manter a despenalización do aborto cando haxa “risco de dano psicolóxico para a nai”. Este suposto xa existía na lexislación de 1985 e foi o mais usado polas mulleres. As asociacións antiabortistas sempre o consideraron un coladeiro. O suposto tamén se pode aplicar a casos de malformación do feto.

Xornais e axencias recollen hoxe este anuncio de Gallardón, o principal informativo de TVG non.

 

http://www.farodevigo.es/espana/2013/05/23/gallardon-dice-aborto-contemplara-malformaciones/815555.html

 

http://politica.elpais.com/politica/2013/05/23/actualidad/1369294565_608436.html

 

http://www.abc.es/sociedad/20130523/abci-gallardon-aborto-201305231117.html