As recomendacións do FMI, non; a Basílica de San Pedro, si.

Na tarde do xoves 18 de abril, difúndese a noticia de que o Fondo Monetario Internacional (FMI) recoméndalle ao goberno español que os axustes no pais “non deben ser tan duros”.

         A directora xerente do FMI, Christine Lagarde, asegura que ESPAÑA TEN QUE SUAVIZALOS RECORTES, e debe ser máis flexible no axuste fiscal, xa que a taxa de paro está situada ao redor do 25 %…
           A TVG -unha vez máis- “pasa” olimpicamente de ofrecer esa información relevante (pola Institución de que se trata e pola posibilidade inminente de que o goberno do PP tome novas medidas de recortes económicos).
           Sen embargo, o TX serán ofrece informacións “de gran calado” como que en 1506 se puxo a primeira pedra da Basílica de San Pedro…

Couso, un aniversario esquecido

aniversarioO 8 de abril cumprironse 10 anos da morte do reproteiro galego Xosé Couso na Guerra de Irak, mentres cubría o conflicto armado para unha canle de televisión de ámbito nacional. Nos principais informativos da TVG non se fixo referencia.

 

 

http://www.abc.es/espana/20130408/abci-aniversario-jose-couso-201304052009.html

http://www.20minutos.es/noticia/1779721/0/jose-couso/diez-anos/muerte-aniversario/

http://www.lasexta.com/noticias/nacional/jose-couso-diez-anos-muerte-aun-esclarecer_2013040800203.html

http://www.rtve.es/noticias/20130408/maribel-permuy-madre-couso-falta-eeuu-diga-ese-ataque-prensa-libre/633366.shtml
O que si emitíu foi unhas declaración de Pilar Rojo ó diá seguinte nas que o Parlamento de Galicia lle píde ao Goberno central que actúe para que os responsables da morte do cámara galego Xosé Couso comparezan ante a xustiza.

couso