O PP non quere que a ministra fale sobre o tren


Martes 27 de agosto. A maioría do PP na deputación permanente do Congreso REXEITA A COMPARECENCIA DA MINISTRA DE FOMENTO, ANA PASTOR, para explicar qué medidas se van tomar trala imputación de responsables de Adif no sinistro do tren en Santiago.
            Seguir lendo

Silenciando a “rebeldía” do concello de Santiago e outros organismos

cidade da culturaSegue o profundo malestar no goberno local de Santiago (PP) contra a decisión da Xunta de paraliza-las obras da Cidade da cultura. Ademáis, agora as críticas tamén se persoalizan contra a Ministra de Fomento, Ana Pastor, por lanzar un furibundo ataque contra o aeroporto de Santiago, ao que pon como exemplo de “DISPARATE” polas obras de ampliación que se fixeron.

Tamén se manifesta nese senso o “Foro cívico”, que agrupa aos principais estamentos e institucións da cidade, e que se reúne de urxencia para tomar iniciativas en defensa da Cidade da cultura e do aeroporto.

Nos Informativos da TVG non se da absolutamente nada ao respecto. Estase ninguneando sistematicamente a protesta do concello e dos demáis Organismos, para non ofrecer imaxe de conflicto e/ou enfrontamento entre o goberno autonómico e o local (ámbolos do PP).

Ahí tedes algunhas referencias informativas do caso, recollidas en xornais.