Os actos de Ana Miranda e o BNG non existen

O martes 6 de maio, a cabeza de lista do BNG ao parlamento europeo, Ana Miranda, mantivo encontros en Valdeorras co sector pizarreiro, o do viño e emigrantes retornados que están a recibir multas de Facenda polas súas pensións no estranxeiro.

Miranda pedíulle aos dirixentes do PP que eviten triunfalismos cos datos do paro, porque en Galicia hai 270.000 persoas sen traballo, e 100.000 mozos e mozas tiveron que emigrar por falta de futuro na súa terra.

Seguir lendo

A propaganda electoral disfrázase de información

 

 

 

cañete

Comezou a campaña para as eleccións ao Parlamento europeo nos telexornais da TVG. Como non é oficial –a campaña propiamente dita empeza o día 9-, a xunta electoral aínda non obriga a axustar tempos e espazos as diferentes candidaturas.
É o momento da anarquía, de disfrazar de información o que só é propaganda, e de tratar, con pretendida rigurosidade, noticias que afectan de maneira moi desigual as diferentes forzas políticas.
O esquema que se adopta é o seguinte:
Seguir lendo

“Leña” ao BNG cara as eleccións europeas

                        O sábado, 15 de marzo, os Telexornais ofrecen a información relativa á precampaña electoral das europeas do BNG, coa actividade desenvolvida polo voceiro, Xavier Vence, e a candidata Ana Miranda.

Pero tanto o Telexornal mediodia coma o Telexornal serán deste sábado emiten a continuación unhas declaracións da voceira do PP de Galicia, Paula Prado, nas que volve insinuar a relación dos nacionalistas galegos con ETA.

Seguir lendo